Cadmo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
 
Liña 1:
[[Ficheiro:Cadmus teeth.jpg|miniatura|dereita|200px|''Cadmo sementando os dentes do dragón'', por [[Maxfield Parrish]], [[1908]]]]
'''Cadmo''' (ou '''Cadmos''') é unha figura da [[mitoloxía grega]], fundador da cidade grega de [[Tebas, Grecia|Tebas]]. Era fillo de [[Axenor]], rei de [[Tiro, Fenicia|Tiro]] ([[Fenicia]]) e de [[Telefasa]], e irmán de [[Europa (mitoloxía)|Europa]].
 
Cando [[Zeus]], transformado nun touro, raptou á bela Europa, o pai, Axenor, enviouno xunto con seus irmáns [[Fénix, (fillo de Axenor)|Fénix]] e [[Cilix]], na súa busca, avisándoos de que non volvesen até que a atopasen. Cadmo despois de percorrer boa parte da Terra sen achar á irmá, decidiu non tornar ao seu país. Achegouse a [[Delfos]] e consultou o célebre [[Oráculo de Delfos|oráculo]], sobre o lugar onde debería vivir. O oráculo aconsellou que cando atopase unha vaca que non coñecese xugo a seguise, e onde parase a pastar, que fundase unha cidade e chamase ao país [[Beocia]].
 
Ao pouco tempo de abandonar Delfos, encontrou Cadmo a vaca, e cando se parou esta, decidiu facer un sacrificio na honra de [[Atenea]]. Pediu aos seus compañeiros que fosen buscar auga dunha fonte próxima, sita nunha cova. Cando os compañeiros cumpriron o mandado, atoparon cun [[dragón]] que custodiaba a gruta. O dragón acabou con todos.
Liña 8:
Estrañado da tardanza dos seus amigos, Cadmo armado, diríxese cara a cova. Contempla horrorizado a matanza, mais non dubida en atacar o monstro e matalo. Aparéceselle entón [[Atenea]] e aconséllalle que semente en terra os dentes do dragón a fin de obter "un novo pobo". Confundido sobre o sentido do consello, Cadmo, porén, realiza o mandado: ara os campos e bota nos regos os dentes. Dos dentes xorden logo homes armados, que pelexan entre si. Fican só cinco vivos, que se converten nos novos compañeiros de Cadmo e o axudan a construír a cidade. Recibe o nome de [[Tebas, Grecia|Tebas]].
 
Porén a esposa de [[Zeus]], [[XunoHera]], que non podía esquecer que Cadmo era irmán de [[Europa (mitoloxía)|Europa]], amante do seu home, non estaba contenta e atraeu a desgraza á súa familia: [[Ino]] botouse no mar, nun arrouto.; [[Sémele]] morreu vítima dos raios de Zeus.; Unun neto, [[Penteo]] foi despedazadoesnaquizado polas [[ménades]], e outro, [[Acteón]], foi despedazadodevorado polos seus propios cans. Por último o seu propio pobo tebano levantouse contra el, e o mesmo [[Dioniso]] destruíu o seu pazopalacio, de xeito que Cadmo e a súa esposa, Harmonía, xa anciáns, buscaron refuxio na [[Iliria]], onde foron finalmente transformados en [[serpe]]s.
 
== Véxase tamén ==