Reino de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 8 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
One2 (conversa | contribucións)
Liña 378:
Así foi que o marido de Constanza, [[Xoán de Gante]], duque de Lancaster e fillo do rei [[Eduardo III de Inglaterra]] adoptou os títulos reais lexítimos da súa muller (rei de Galiza, León, Castela etc.) dispoñéndose a facelos efectivos.
 
[[Ficheiro:Asedio e toma de Ribadavia polas tropas do duque de Láncaster.jpg|miniatura|esquerda|Asedio e toma de Ribadavia polas tropas do duque de Láncaster nas ''Chroniques d'Angleterre''.]]
A primeira tentativa frustrouse cando a súa expedición houbo de se desviar, no [[Poitou-Charentes|Poitou]], cara á cidade de [[Thouars]], urxida pola guerra dos Cen Anos en [[Francia]]. O [[25 de xullo]] do ano [[1386]], apoiado pola bula papal de [[Urbano IV]] que lle concedía o dereito á coroa de Castela, Xoán de Gante desembarca na Pescaría da Coruña, mais sen afrontar o asalto da cidade amurallada. Establecéronse entón rendicións segundo as cales a cidade da Coruña comprometíase a abrir as portas ó duque de Lancaster se antes este era recibido en Santiago de Compostela. Así sucedeu, e a continuación logrou, sen apenas resistencia militar, dominar o Reino de Galiza. Acompañado pola súa muller e fillas, asentou a súa Corte en Compostela. Dirixiu as súas operacións cara a [[Pontevedra]], [[Vigo]], Baiona, [[Betanzos]], [[Ribadavia]], Ourense e [[Ferrol]]. En Ourense as súas tropas asaltaron a cidade e fixeron retirar ás tropas [[Casa de Trastámara|trastamaristas]], mentres Ferrol é tomado polo rei [[Xoán I de Portugal]], aliado do duque de Lancaster. No caso de Ribadavia, a cidade resistiuse a este, e o propio [[Thomas Percy]] dirixiu un asedio de días sobre a vila, que acabou sendo tomada<ref name="froissart">{{Cita libro |apelidos={{Versaleta|Froissart}} |nome=J. |ligazón-autor=Jean Froissart | url=http://books.google.com/books?id=GC4OAAAAQAAJ&pg=PA219&dq=Thomas+Percy,+Ribadavia&hl=en&ei=925ETLD5KpWTjAe87L0Y&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CCkQ6AEwAA#v=onepage&q=Thomas%20Percy%2C%20Ribadavia&f=false |título=Chronicles of England, France, Spain, and the adjoining countries | ano =2009| publicación =General Books| ISBN=0-217-81310-0 |lingua=en}}</ref>.