Celso Emilio Ferreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 44:
Ademais, tamén traballou nunha oficina de seguros que fundou cun socio e que sobreviviu ata o [[1955]] e dirixiu un obradoiro de [[fotogravado]].
 
A súa estancia na cidade olívica coincide coa súa consolidación como poeta e literato. Mergullouse na vida cultural e intelectual, trabando amizade cos irmáns [[Xosé María Álvarez Blázquez|Xosé María]] e [[Emilio Álvarez Blázquez]], [[Laxeiro]] ou [[Francisco Fernández del Riego]]. Colaborou asiduamente en diversas publicacións, coma o [[periódico|xornal]] ''[[Faro de Vigo]]'', o periódico pontevedrés ''[[Litoral (Pontevedra)|Litoral]]'', ''[[Vieiros (revista)|Vieiros]]'' e, especialmente, a revista de poesía ''[[Alba (revista)|Alba]]'', dirixida por [[Ramón González-Alegre]], na que publica poemas entre os que figuran a serie de composicións do seu libro ''[[O soño sulagado]]''. No [[1954]] publicou unha [[biografía]] do seu paisano [[Manuel Curros Enríquez]].
 
Posteriormente no ano 1955 publica ''Voz y Voto''<ref>{{Cita libro|título=Longa Noite de Pedra|apelidos=Navaza|nome=Gonzalo|editorial=Xerais|ano=2017|ISBN=978-84-7507-452-8|serie=Biblioteca das Letras Galegas|páxina=15}}</ref>, os poemas desta obra, orixinariamente escritos en castelán, foron publicados semiclandestinamente en Vigo, con falso pé de imprenta, nunha suposta colección "Papel de estraza" dunha tamén imaxinaria Editorial Rex S.A, de Montevideo. Moitos dos poemas deste libro foron incorporados - xa en galego - a Longa Noite de Pedra.
 
No [[1964]], dous anos despois da publicación de ''Longa noite de pedra'', participou na fundación da [[Unión do Povo Galego]] xunto con [[Xosé Luís Méndez Ferrín]], [[Reimundo Patiño]] e [[Luís Soto]], organización de orientación [[nacionalismo|nacionalista]] e [[marxismo|marxista]].