Febre do ouro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m removido "s"
 
Liña 1:
[[Ficheiro:California Gold Rush handbill.jpg|miniatura|200px|Cartel durante a [[febre do ouro de California]].]]
Unha '''febre do ouro''' é un descubrimento de [[ouro]], ás veces acompañado por outros metais preciosos e minerais de terra raros, que atraen a un bo número de mineiros que buscan a súa fortuna. As febres do ouro máis importante stiverontiveron lugar no [[século XIX]] en [[Australia]], [[Nova Zelandia]], o [[Brasil]], o [[Canadá]], [[Suráfrica]] e os [[Estados Unidos de América]].
 
A riqueza que xurdía era distribuída amplamente polos reducidos custos das migracións e escasas barreiras para acceder á súa extracción. Malia que a [[minaría de ouro]] non foi proveitosa para a maioría de mineiros e donos de minas, algunhas persoas chegaron a xuntar grandes fortunas, e os mercadores e transportistas obtiveron grandes beneficios. O aumento resultante na subministración mundial de ouro estimulou o [[comercio]] e os investimentos mundiais. Numerosos historiadores describiron a migración, o comercio, a colonización e a historia ambiental asociada coas acometidas do ouro.<ref>{{cita publicación periódica|doi=10.1111/j.1467-8446.2010.00296.x|título=Integrating the Historiography of the Nineteenth-Century Gold Rushes|ano=2010|apelido1=Reeves|nome1=Keir|apelido2=Frost|nome2=Lionel|apelido3=Fahey|nome3=Charles|publicación=Australian Economic History Review|volume=50|issue=2|páxinas=111}}</ref> As febres do ouro remóntanse até o [[Imperio Romano]], cuxa minaría foi descrita por [[Diodoro Sículo]] e por [[Plinio o Vello]], e probablemente sexan aínda máis antigas, remontándose ó [[Antigo Exipto]].