Diferenzas entre revisións de «Richard Brooks»

sen resumo de edición
m (Bot: Substitución da categoría "Directores de cinema dos Estados Unidos de América" pola categoría "Directores de cine dos Estados Unidos de América")
 
Tras graduarse na [[Temple University]], Brooks traballou coma xornalista radiofónico. Na década de 1940 iniciou a súa carreira en Hollywood escribindo guións de filmes como ''[[Brute Force]]'' (1947) ou ''[[Key Largo (filme)|Key Largo]]'' (1948). En 1950 e grazas á axuda do actor [[Cary Grant]] disposto a colaborar cun director novel, debutou na dirección con ''[[Crisis (filme de 1950)|Crisis]]'', drama producido por [[Arthur Freed]] que Grant protagonizou xunto con [[José Ferrer]]. Ao longo desa década foi asentando a súa categoría como director de actores, especialmente polo éxito de ''[[Blackboard Jungle]]'' (1955), con [[Glenn Ford]] e [[Sidney Poitier]].
 
Brooks rodou adaptacións de grandes obras literarias, como ''[[Bratia Karamazovy|Os irmáns Karamazov]]'' de [[Fiódor Dostoyevski]], ''Elmer Gantry'', de [[Sinclair Lewis]] ou ''[[In Cold Blood]]'', de [[Truman Capote]]. Un dos seus autores favoritos foi o dramaturgo [[Tennessee Williams]], do que dirixiu ''[[Cat on a Hot Tin Roof]]'' (1958), con Elizabeth Taylor, [[Paul Newman]] e [[Burl Ives]], e ''[[Doce paxaro de xuventude]]'' (1962), de novo con Newman.
 
A partir da década de 1970 a súa produción diminuíu en cantidade.
38.330

edicións