Lobeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Sen resumo de edición
Liña 110:
{{Hab info|3.040|3.100|3.265|3.060|1.188|1.016|983|909||||}}
 
== Xeografía<ref name=":0">{{Cita libro|título=Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada|editorial=Ed. El Progreso|ano=2003|ISBN=84 87804-23-3|volume=XXVI|páxinas=105-109}}</ref> ==
== Xeografía ==
 
=== Relevo ===
O concello de 68,9&nbsp;km², abrangue 8 parroquias. Está situado no suroeste da provincia de Ourense, na marxe dereita do [[río Limia]]. Abrangue a conca do [[río Grou]], que nace na [[Serra do Leboreiro]] e desemboca no Limia.
 
Está situado ao suroeste da serra de Leboreiro, acadando cumios de até 1.300 m, mentres que a altitude mínima son 400 m en Cabaleiros.
 
=== Climatoloxía ===
É un concello de transición entre o oceánico e mediterráneo, presente na Galicia meridional. As choivas superan os 2000 mm de precipitación anual e son máis abundantes a medida que aumenta a altitude, polo que dentro do municpio pódese distinguir unha zona occidental situada por riba dos 900 metros onde é fácil chegar ós 2000 – 2500 mm anuais, e outra vertente oriental de menor elevación onde se alcanzan os 1500-2000 mm anuais. Na estación invernal rexístrase o 38% das choivas anuais. A temperatura media anual é de 10.5ºC, presenta unha notable oscilación térmica, xa que no inverno a temperatura media é de 4ºC e no verán é de 19ºC.
 
=== Hidrografía ===
A rede hidrográfica organízase en torno os ríos Fragoso, Grou e Limia. O primeiro ten a súa fonte na serra do Leboreiro, trascorre en dirección N a S e orixina, na súa confluencia con outros regatos, o Grou, tributario do Limia e principal colector dunha nutrida rede de cursos de auga que nacen no citado cordal. Pola franxa oriental do concello, bañando a parroquia de Monte Longo, pasa o río Trasentes que desemboca no Limia na zona do encoro das Conchas.
 
=== Vexetación ===
A zona más alta do concello está desprovista de vexetación, xa que nos atopamos únicamente con rochas mesturadas con uces, xestas e toxos. Nas ladeiras más baixas podemos atopar carballeiras, bidueiros, freixos e ameneiros.
 
=== Comunicacións ===
A rede viaria do concello redúcese a unha serie de camiños locais que comunica as súas parroquias e ó paso da estrada N-540, que vai de Ourense cara a Portugal e que discorre polo extremo meridional do seu territorio, en paralelo o encoro das Conchas.
 
== Historia<ref name=":0" /> ==
 
=== Idade Antiga ===
Os achados arqueolóxicos ofrecen datos sobre o asentamento do home nestas terras dende o Paleolítico e da continuidade do poboamento son testemuños outros restos que pertencen á época das invasións célticas e romanas. Na parte dereita do Limia asentouse a tribo dos querquenos, establecidos no Aquis Querquennis, sobre a vía militar que ía de Braga a Astorga.
 
=== Idade Media ===
A finais do século X, en plena rebelión da nobreza galega contra o rei Ramiro II e máis tarde contra Vermudo II, houbo unha forte resistencia en Lobeira. Máis tarde, xa no século XII, o rei Alfonso VII veríase obrigado a reprimir os continuos ataques que se produciron contra as propiedades eclesiásticas en xeral, e concretamente contra o mosteiro de Celanova.
 
O rei Alfonxo IX no ano 1228 concedeulle a Lobeira, un foro, posteriormente confirmado polos sucesivos monarcas ata Felipe V en 1709 que lles permitía ós seus veciños gozar da propiedade de todo o que era de xurisdicción real, mediante o pago de 300 marabedís anuais. Ademáis excluíaos do sometemento a calquera outro foro e outorgáballe-lo dereito de apelar ó rei en última instancia.
 
=== Idade Moderna ===
Como enclave fronteirizo este municipio sufriu entre os anos 1640 e 1668 continuas incursións dos portugueses que tratando de chegar a Xinzo de Limia e a Celanova instalaron en Lobeira o seu cuartel xeneral. Durante a Guerra de Sucesión a poboación tivo que contribuir o aloxamento das tropas que se dirixían a protexer os lugares atacados polos ingleses e polos portugueses, o que, sumado a prohibición de comunicarse e de comerciar con Portugal e ós desprazamentos a Castela nos tempos da sega, levou o pobo a unha grave crise económica. Esta situación fixo que os habitantes de Lobeira invocasen os privilexios concedidos por Alfonxo IX no século XIII.
 
A principios do século XIX, durante a Guerra da Independencia contra os franceses, creouse o rexemento de Lobeira que loitou contra a invasión francesa en Castela, Vigo, Tui e Portugal; foi tamén un lugar de refuxio para os que escapaban dos invasores napoleónicos, constituiron a xunta de Lobeira, presidida polo bispo de Ourense Pedro Quevedo y Quintano. Este organismo sustituíu á Junta Suprema de Galicia e organizou a resistencia en tódolos puntos de Galicia, realizando unha intervención decisiva na defensa da cidade de Vigo.
 
=== Idade Contemporánea ===
O actual concello creouse na división municipal de 1835, que fusionou os antigos municipios de Lobeira, San Xes de Vilariño e parte do de Grou. Un ano despois engadíuselle a a parroquia de Santa Comba, compartida esta última co concello limítrofe de Bande.
 
== Patrimonio ==
 
=== Ermida do Viso<ref name=":1">{{Cita web|url=https://terracelanovaserraxures.com/lobeira/santuario-de-nosa-senora-do-viso/|páxina-web=Terra de Celanova e Serra do Xurés|título=Santuario de Nosa Señora Do Viso|data-acceso=13/03/2021}}</ref> ===
No Monte do Viso, a 852 m de altitude, está a ermida do Viso, onde se celebra a romaría do mesmo nome, unha das máis importantes da zona. Esta ermida está sobre un antigo [[castro (poboado)|poboado castrexo]], tratándose dunha cristianización de cultos antigos. Na ermida consérvase algún resto [[románico]], así como un retablo do século XVIII. A imaxe da Virxe é do finais do século XIX, e soamente ten talladas a cara e as mans.
 
O santuario constitúe un dos poucos expoñentes do románico tardío da comarca<ref name=":1" />. A fábrica presenta planta rectangular e ábsida con capela e sancristía pegadas. No interior, arco de medio punto sobre columnas adosadas, con capiteis de motivos vexetais e imposta decorando o arco triunfal. A base da ventá prolóngase ao exterior con repisa, transformándose en fornela. A sancristía constrúese no ano 1717, como indica unha inscrición; é de dúas plantas, con ventá ata o interior, servindo de tribuna ó clero.
A portada do muro é románica, con arco de medio punto e grandes doelas con bolas no intradorso. Nunha das xambas mostra a inscrición “ERA MCCCXL”, correspondendo ós anos 1300 e 1309, na que debeu construírse o santuario. A fachada actual sufriu unha reedificación no ano 1741, labrándose conforma á moda barroca unha porta alintelada, resaltada con orelleiras, e fornela coa imaxe pétrea de Nosa Señora, coroada por anxos.
 
=== Capela das Quintas ===
Capela construída en 1728 e dedicada a San Lourenzo. Destaca o seu pórtico con vertentes a tres augas soportado por dúas columnnas. Nun lateral destaca un arco tapiado<ref>{{Cita web|url=http://patrimoniogalego.net/index.php/107306/2020/07/capela-das-quintas/|páxina-web=Patrimonio Galego|título=Capela das Quintas|data-acceso=13/03/2021}}</ref>.
 
=== Peto de Ánimas da Vila ===
Este peto de ánimas está situado na parroquia de San Vicente de Lobeira<ref>{{Cita web|url=http://patrimoniogalego.net/index.php/100251/2018/06/peto-de-animas-da-vila/|páxina-web=Patrimonio Galego|título=Peto de ánimas da Vila|data-acceso=13/03/2021|data-publicación=26/06/2018}}</ref>. A singularidade deste peto de ánimas é que ten un cruceiro detrás. Ten un só corpo cun pórtico que protexe o peto propiamente dito, onde se situa unha fornela de medio punto. O teito do pórtico é de lousas de pedra a dúas augas, apoiandose en dous piares cuadrangulares sobre dous pedestais sobre bases tamén cuadrangulares.
 
== Lobeira na literatura popular ==