José María Rodríguez Díaz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 14:
== Actividades ==
[[Ficheiro:José María Rodríguez Díaz na primeira pedra da residencia ribadense.jpg|miniatura|No comezo das obras da nova residencia de Ribadeo, co Alcalde de Ribadeo e o vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo]]
Entre outras actividades, formou parte das AVV de [[Vilaselán, Ribadeo|Vilaselán]], que contribuíu a crear, primeiro, e logo de O Tesón, impulsando ambas dende postos directivos e involucrándose en temas como o paso da autovía [[A-8]] pola parroquia de [[Vilaselán, Ribadeo|Vilaselán]], a construción dunha macronave no [[Porto comercial de Ribadeo|Porto ribadense de Mirasol]], a constitución da Mesa de Asociacións do concello de Ribadeo<ref>{{Cita web|url=http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.18109.php|apelidos=Gregorio Montes|nome=Antonio|ligazónautor=Antonio Gregorio Montes|páxina-web=Galicia Dixital|título=José María Rodríguez Díaz|data-acceso=10/05/2017}}</ref> ou a construción dunha nova residencia de maiores en Ribadeo, que non chegou a ver operativa. Este último tema marcou un fito no concello, despois de promover a constitución dunha plataforma veciñal a partir das asociacións de veciños e de aglutinar tódalas forzas políticas no concello para traballar xuntas<ref>{{Cita web|url=http://ribadeo.gal/actualidade/nova.php?id=2400&lg=gal|páxina-web=concello de Ribadeo|título=Bandeiras a media asta|data-acceso=10/05/2017}}</ref> (aínda que tras os primeiros pasos, un partido, o [[Partido Popular|PP]], desmarcouse da iniciativa).
 
No eido cultural ten colaborado en diferentes proxectos, o que lle ten valido para converterse nun referente nalgúns campos, recoñecemento que o levou a ser chamado para diversas representacións, como o pregón da Xira de Sta. Cruz [[2006]].