Diferenzas entre revisións de «Comarca de Ordes»

Xerei citas
Sem resumo de edição
(Xerei citas)
 
== Xeografía ==
A comarca limita ao leste coas comarcas de [[Comarca de Betanzos|Betanzos]] (concellos de [[Curtis]] e [[Vilasantar]]) e [[Comarca de Arzúa|Arzúa]] (concello de [[Boimorto]]), ao sur coa comarca de [[Comarca de Arzúa|Arzúa]] (concello de [[Arzúa]] e de [[O Pino]]) e [[Comarca de Santiago|Santiago]] (concello de [[Santiago de Compostela]]), ao oeste coa [[comarca de Santiago]] ([[Val do Dubra]]), [[Comarca do Xallas|Xallas]] (concello de [[Santa Comba]]) e [[Comarca de Bergantiños|Bergantiños]] (concello de [[Coristanco]]), e ao norte con [[Comarca de Bergantiños|Bergantiños]] (concellos de [[Carballo]] e [[A Laracha]]), coa [[Comarca da Coruña|comarca de A Coruña]] (concellos de [[Culleredo]], [[Carral]] e [[Abegondo]]) e coa de [[Comarca de Betanzos|Betanzos]] (concello de [[Oza-Cesuras]])<ref>{{Cita web|url=https://core.ac.uk/download/pdf/61914993.pdf|título=Reestructuración administrativa de la comarca de Ordes|data-acceso=14-03-2021}}</ref>. A comarca ten una superficie de 755,7 km<sup>2</sup>.
 
Prácticamente a totalidade da comarca pertenece á conca do [[río Tambre]], que conforma o límite meridional da comarca, sendo os ríos [[Río Lengüelle|Lengüelle]], Samo e [[Río Maruzo|Maruzo]] os principais afluentes do Tambre que percorren a comarca de Ordes de norte a sur. Ademáis, os territorios situados ao oeste da comarca (parroquias occidentais de Tordoia) pertencen ás concas do [[Río Xallas|Xallas]] e [[Río Anllóns|Anllóns]], mentres que o norte dos concellos de Cerceda, Ordes e Mesía verten as súas augas aos ríos [[Río Barcés|Barcés]] e [[Río Mero|Mero]], que forman a [[ría da Coruña]]. As principais masas de auga da comarca son os encoros de [[Encoro de Vilasenín|Vilasenín]] e [[Encoro de Vilagudín|Vilagudín]], que aportaban agua ao sistema de refrixeración da [[central térmica de Meirama]], e o [[As Encrobas, Cerceda|lago artificial de As Encrobas]], que se formou ao encher con auga a antiga mina de [[lignito]] de [[Meirama, Cerceda|Meirama]]<ref>{{Cita web|título=Embalses de Vilagudín e Vilasenín - GALICIA|url=https://www.turismo.gal/que-facer/birding-in-galicia/onde-ver-aves-en-galicia/aves-e-auga/encoro-de-vilagudin-e-vilasenin?langId=es_ES|páxina-web=www.turismo.gal|data-acceso=2021-03-12}}</ref><ref>{{Cita web|título=El lago de As Encrobas ya rebosa vida|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cerceda/2018/04/10/lago-as-encrobas-rebosa-vida/0003_201804C10C2992.htm|páxina-web=La Voz de Galicia|data=2018-04-10|data-acceso=2021-03-12|lingua=es}}</ref>.
 
A máxima altura da comarca localízase no monte Cerdeira (595 m), en terras do concello de Cerceda.
|'''36.237'''
|}
O principal núcleo de poboación da comarca é a vila de Ordes, anda que tamén [[Sigüeiro, Oroso, Oroso|Sigüeiro]], capital do concello de Oroso, supón un importante núcleo de poboacíon no sur da comarca, que fai as veces de cidade dormitorio de Santiago de Compostela. Outros núcleos de poboación que aglutinan algúns servizos locais son [[Xanceda, Mesía|Xanceda]] (Mesía), [[Ponte Carreira, Gafoi, Frades|Ponte Carreira]] (Frades), [[Viaño Pequeno]] e A Brea (Trazo), [[Pontepedra, cabaleiros, tordoia|Pontepedra]] (Tordoia), [[A Silva, Rodís, Cerceda|A Silva]] e [[Cerceda, Cerceda|Cerceda]] (Cerceda) e [[O Mesón do Vento, Ardemil, Ordes|Mesón do Vento]] (Ordes)<ref>{{Cita libro|título=Nomenclátor de Galicia.|url=http://worldcat.org/oclc/39391981|editorial=Xunta de Galicia|data=[1996?]|ISBN=84-453-1775-X, 978-84-453-1775-4|OCLC=39391981|nome=Galicia (Spain : Region).|apelidos=Xunta.}}</ref>.
 
==Galería de imaxes==
Usuario anónimo