Comarca de Ordes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Limites de Ordes
Ampliei a xeografía da comarca
Liña 15:
A '''comarca de Ordes''' é unha [[Comarcas de Galicia|comarca]] [[Galicia|galega]] situada na [[provincia da Coruña]] cuxa capital é [[Ordes]]. A esta comarca pertencen os concellos de [[Cerceda]], [[Frades]], [[Mesía]], [[Ordes]], [[Oroso]], [[Tordoia]] e [[Trazo]].
 
== Xeografía ==
A comarca limita ao leste coas comarcas de [[Comarca de Betanzos|Betanzos]] (concellos de [[Curtis]] e [[Vilasantar]]) e [[Comarca de Arzúa|Arzúa]] (concello de [[Boimorto]]), ao sur coa comarca de [[Comarca de Arzúa|Arzúa]] (concello de [[Arzúa]] e de [[O Pino]]) e [[Comarca de Santiago|Santiago]] (concello de [[Santiago de Compostela]]), ao oeste coa [[comarca de Santiago]] ([[Val do Dubra]]), [[Comarca do Xallas|Xallas]] (concello de [[Santa Comba]]) e [[Comarca de Bergantiños|Bergantiños]] (concello de [[Coristanco]]), e ao norte con [[Comarca de Bergantiños|Bergantiños]] (concellos de [[Carballo]] e [[A Laracha]]), coa [[Comarca da Coruña|comarca de A Coruña]] (concellos de [[Culleredo]], [[Carral]] e [[Abegondo]]) e coa de [[Comarca de Betanzos|Betanzos]] (concello de [[Oza-Cesuras]]). A comarca ten una superficie de 755,7 km<sup>2</sup>.
 
Prácticamente a totalidade da comarca pertenece á conca do [[río Tambre]], que conforma o límite meridional da comarca, sendo os ríos [[Río Lengüelle|Lengüelle]], Samo e [[Río Maruzo|Maruzo]] os principais afluentes do Tambre que percorren a comarca de Ordes de norte a sur. Ademáis, os territorios situados ao oeste da comarca (parroquias occidentais de Tordoia) pertencen ás concas do [[Río Xallas|Xallas]] e [[Río Anllóns|Anllóns]], mentres que o norte dos concellos de Cerceda, Ordes e Mesía verten as súas augas aos ríos [[Río Barcés|Barcés]] e [[Río Mero|Mero]], que forman a [[ría da Coruña]].
 
A máxima altura da comarca localízase no monte Cerdeira (595 m), en terras do concello de Cerceda.
 
O clima desta comarca é de temperaturas suaves e con abundantes precipitacións.
 
== Demografía ==
Liña 147 ⟶ 154:
|'''36.237'''
|}
O principal núcleo de poboación da comarca é a vila de Ordes, anda que tamén [[Sigüeiro, Oroso, Oroso|Sigüeiro]], capital do concello de Oroso, supón un importante núcleo de poboacíon no sur da comarca, que fai as veces de cidade dormitorio de Santiago de Compostela. Outros núcleos de poboación que aglutinan algúns servizos locais son [[Xanceda, Mesía|Xanceda]] (Mesía), [[Ponte Carreira, Gafoi, Frades|Ponte Carreira]] (Frades), [[Viaño Pequeno]] e A Brea (Trazo), [[Pontepedra, cabaleiros, tordoia|Pontepedra]] (Tordoia), [[A Silva, Rodís, Cerceda|A Silva]] e [[Cerceda, Cerceda|Cerceda]] (Cerceda) e [[O Mesón do Vento, Ardemil, Ordes|Mesón do Vento]] (Ordes).
 
==Galería de imaxes==