Lingua materna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Faltas de ortografía persoass=persoas Internacionalmene=Internacionalmente
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Kituwah Academy.png|miniatura|dereita|280px|Unha clase da Academia Kituwah de [[Qualla Boundary]], en [[Carolina do Norte]]. A [[inmersión lingüística]] neste colexio ensina o mesmo currículo que outras escolas primarias dos Estados Unidos, pero o [[Lingua cherokee|cherokee]] é o medio de instrución dende preescolar, e os seus estudantes apréndena como lingua materna.]]
Unha '''lingua materna''',<ref>{{DRAG|materno}}</ref> tamén chamada '''lingua nativa''' ou '''primeira lingua''',<ref name="Davies 2003">Davies (2003)</ref> é a primeira [[lingua]] que aprende unha [[persoa]] dende o seu nacemento<ref name="Bloomfield 1996">Bloomfield (1996)</ref> e que xeralmente corresponde ó grupo étnico-lingüístico co que o individuo se identifica culturalmente. En certos casos, cando a persoa é educada por pais (ou outras pesoaspersoas) que falan linguas diferentes, é posíbel adquirir o dominio de dúas linguas ó mesmo tempo, cada unha delas podendo ser considerada lingua materna, creándose entón unha situación de [[bilingüismo]].<ref name="Bloomfield 1996"/>
 
A expresión ''lingua materna'' provén do costume pola que as nais eran as únicas que educaban os nenos na primeira infancia, facendo que a lingua da nai sexa a primeira en ser asimilada polo neno, condicionando o seu [[aparello fonador]] ó sistema lingüístico. A adquisición da lingua materna ocorre en varias fases. Inicialmente, o neno rexista literalmente os [[fonema]]s e as entoacións da lingua, sen aínda ser quen de os reproducir. Despois, comeza a producir sons e entoacións até que o seu aparello fonador lle permita articular palabras e organiza frases, asimilando o [[léxico]]. A sintaxe e a gramática son integradas pouco a pouco dentro deste proceso de aprendizaxe.<ref name="Davies 2003"/>