San Diego Padres: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Traducido da wikipedia en lingua inglesa (en:History of the San Diego Padres)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 51:
 
=== Primeiras Series Mundiais en 1984 ===
Após tocar fondo en 1981, co equipo conseguindo tan só 41 vitorias, o equipo non deixaría de mellorar, acadando o seu primeiro gran fito na temporada de 1984. A temporada, porén, comezara cunha gran conmoción, a morte de Ray Croc por mor dunha enfermidade cardíaca o [[14 de xaneiro]]. A propiedade do equipo pasou á súa terceira esposa, Joan Kroc. O equipo usaría as iniciais de Ray, "RAK" na manga esquerda da súa camisola durante este e as dúas seguintes temporadas. Afortunadamente, aveciñábanse tempos máis felices para o equipo. Os Padres finalizaron a fase regular cun balance de 92-70 e gañaron o campionato da [[Liga Nacional Oeste]]. Dirixidos por Dick Williams, o equipo contaba con xogadores de ataque como [[Steve Garvey]], Garry Templeton, Graig Nettles, Alan Wiggins, así como o futuro membro do Hall of Fame [[Tony Gwynn]], quen ese ano conseguiu o seu primeiro dos oito títulos de bateo da Liga Nacional. Gwynn, quen tamén gañaría cinco Luvas de Ouro da Liga Nacional durante a súa carreira, uniuse aos Padres en 1982 despois de ser titular tanto en béisbol como en [[baloncesto]] na Universidade de San Diego. De feito, foi seleccionado no draft da NBA polos [[San Diego Clippers]]. Por outra banda, o corpo de lanzadores do equipo nesa temporada incluía a [[Eric Show]] (15–9), [[Ed Whitson]] (14–8), [[Mark Thurmond]] (14–8), [[Tim Lollar]] (11–13) e [[Rich "Goose" Gossage]] como o cerrador (10–6, con 2,90 de ERA e 25 saves).<ref>{{cita web|url=https://www.baseball-reference.com/teams/SDP/1984.shtml|título=San Diego Padres 1984|obra=Baseball-Reference.com|dataaccesp=7 de marzo de 2021|lingua=inglés}}</ref>
 
== Xogadores ==