San Diego Padres: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 48:
No seu primeiro xogo en casa como novo propietario dos Padres en 1974, Ray Kroc tomou o micrófono do sistema de megafonía e desculpouse cos seareiros polo mala actuación do equipo dicindo: "Nunca vira un xogo de pelota tan estúpido na miña vida".<ref name=ap_08302012>{{cite news|title=O'Malleys pledge to carry on legacy |date=30 de agosto de 2012|agency=Associated Press|work=ESPN.com |url=http://espn.go.com/los-angeles/mlb/story/_/id/8316473/new-owners-omalleys-take-charge-san-diego-padres|lingua=inglés}}</ref> Ao mesmo tempo, un [[Exhibicionismo|exhibicionista]] botou a correr polo campo eludindo ao persoal de seguridade. Nese intre Kroc gritou: "Levádeo ao cárcere!". A seguinte temporada, 1975, sería a primeira tempada na que os Padres non terminarían no soto da Liga Nacional Oeste, terminando cuarto, traendo a promesa dun dono que faría os cambios necesarios na organización. Nesa temporada, os Padres traspasaron a Colbert aos [[Detroit Tigers]]. Porén, unha nova estrela despuntou no equipo, o outfielder Dave Winfield, o cal fora seleccionado no draft de 1973. Cómpre destacar que Winfield tamén fora drafteado polos [[Minnesota Vikings]] da [[National Football League]] (NFL), os [[Atlanta Hawks]] da [[National Basketball Association]] (NBA) e os Utah Stars da [[American Basketball Association]] (ABA).
 
Entre 1973 e 1980, ano que asinou cos [[New York Yankees]], Winfield tomou o liderado do equipo, conseguindo en sete temporadas facer 1.134 hits, 154 home runs e impulsar 626 carreiras. Ademais, xunto con outros xogadores como o pitcher Randy Jones, gañador do premio Cy Young, o conseguiron sacar ao equipo do último posto da división. Con todo, nin coa chegada dos futuros membros do Hall of Fame Rollie Fingers en 1977 e Ozzie Smith en 1978, o equipo conseguiu finalizar na metade superior da táboa de clasificación. En 1979 o equipo finaliza cun obrepobre rexistro de 68 vitorias por 93 derrotas.
 
== Xogadores ==