Nauplio (fillo de Poseidón): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo lig. int.
Liña 6:
{{cita|"''Amimone concibiu de Posidón a Nauplio. Este tivo unha longa vida; cando sucaba o mar, adoitaba atraer con fachos cara a morte a quen se atopaba con el, pero ocorreu que tamén el veu morrer do mesmo xeito. Non obstante, antes de morrer casou con Clímene, filla de Catreo, ou con Fílira, ou con Hesíone, e enxendrou a Palamedes, Éax e Nausimedonte''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' II, 1, 5 <ref>Pseudo-Apolodoro mestura aquí a biografía de Nauplio, fillo de Poseidón, e a de Nauplio, fillo de Clitoneo e tataraneto daquel.</ref>)}}
 
Este Nauplio foi un dos [[Argonautas]] <ref>Hixino (''Fábulas'' 14, 11) déixao ben claro: na relación de argonautas cita a "''Nauplio, fillo de Neptuno e de Amimone, filla de Dánao, de Argos''". Doutras fontes dedúcese que se trata doutro Nauplio.</ref>. Tivo dous fillos: [[Damastor]], o avó de [[Polidectes]] e de [[Dictis (fillo de Magnes)|Dictis]] <ref>Dictis foi quen recolleu a [[Dánae]] e ó seu fillo [[Perseo]] cando o pai daquela, [[Acrisio]], botounos ó mar dentro dun cofre. Pero o seu irmán Polidectes namorouse de Dánae e, para librarse da presenza de Perseo, mandouno traer a cabeza de [[Medusa (mitoloxía)|Medusa]].</ref>, e [[Preto]], avó de [[Náubolo]]. Un dos bisnetos de Preto recibiría tamén o nome de [[Nauplio (fillo de Clitoneo)|Nauplio]], polo que para diferencialos coñecerase como Nauplio II, pero o certo é que se pode comprobar cómo os mitógrafos confúndennos en ocasións.
 
Segundo Pseudo-Apolodoro, [[Heracles]] seduciu a [[Auxe]], filla de [[Aleo]], e tivo un fillo, [[Télefo]]. Para que o pai non se decatara, deixouno nun templo de [[Atenea]], pero Aleo terminou sabéndoo e abandonou ó meniño no bosque, onde foi criado por unha cerva, e entregou a Auxe a Nauplio para que a vendera como escrava. Pero Nauplio, no canto de vendela, entregoulla a [[Teutrante]], rei de Teutrania, quen casou con ela <ref>Pseudo-Apolodoro II, 7, 4 e III, 9, 1. O caso é que noutro lugar, no Libro III, 2, 1-2, relata un sucedido semellante pero protagonizado polo outro Nauplio (o fillo de Clitoneo): aquí son dúas fillas de [[Catreo]], fillo de Minos, [[Aérope]] e [[Clímene (filla de Catreo)|Clímene]], que son entregadas polo pai a Nauplio para que as vendera fóra do país, pois un oráculo prognosticara que ía morrer a man dun dos seus fillos, pero Nauplio prefiriu casar con Clímene e entregar Aérope a [[Plístenes]], pai de [[Agamenón]].</ref>.