Dictis (fillo de Magnes): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
comezo, a partir da Bibliografía máis a información da esWiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de marzo de 2021 ás 19:33

Na mitoloxía grega, Dictis foi o fillo de Magnes, rei de Sérifos (illa do mar Exeo). Compartía o reino co seu irmán Polidectes pero foi destronado por el.

Un oráculo anunciou a Acrisio, rei de Argos que morrería a mans do seu propio neto. Para evitalo, encerrou a súa filla Dánae nunha torre de bronce (ou nunha cámara subterránea dese material) para impedir que tivese trato con ningún varón, pero non puido evitar que o rei dos deuses, Zeus, se transformara nunha fina choiva de ouro que caeu sobre Dánae e a deixara embarazada de Perseo [1].

Cando Acrisio se decatou, non creu na orixe divina do neno, e botou ó mar á filla co meniño, dentro dun cofre de madeira. O mar foi acougado por Poseidón ante a petición de Zeus, polo que nai e fillo sobreviviron e alcanzaron a costa da illa de Sérifos. Na illa gobernaba o rei Polidectes pero foi o seu irmán Dictis quen os recolleu e protexeu.

Pero Polidectes terminou namorándose de Dánae e, para librarse da presenza de Perseo, mandouno buscar a Medusa e traer a súa cabeza. Perseo cumpriu a orde con éxito pero cando regresaba a Sérifos comprobou que Polidectes acosara á nai e que Dictis e mais ela tiveron que protexerse nun templo. Entón, Perseo foi onda Polidectes e, sacando a cabeza de Medusa que levaba nunha bolsa, mostrouna a tódolos presentes, que quedaron petrificados [2]. A seguir, restableceu no trono a Dictis.

Os atenienses consagraron a este rei e á súa dona Climena un altar no templo de Perseo.

  1. Outra tradición di que fora Preto, irmán de Acrisio, quen seduciu a Dánae.
  2. Unha propiedade da mirada de Medusa era converter en pedra aquel a quen mirara.