África González Fernández: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 8:
Viviu até os 24 anos en [[Alcalá de Henares]], onde comezou a carreira de Medicina na [[Universidade de Alcalá|Universidade de Alcalá de Henares]] (1980-1986) e foi Premio Extraordinario.<ref name=":0" /> Posterioremente, viviu en Madrid, en Cambridge e na Ramallosa (Nigrán) onde reside dende que conseguíu a praza.
 
É catedrática en [[Medicina]], especializada en inmunoloxía. Realizou a especialidade MIR de Inmunoloxía durante os anos 1987-1991 no Servizo de Inmunoloxía da Clínica Puerta de Hierro de Madrid. En 1991, publicou a súa tese de doutoramento en Medicina e Cirurxía na Universidade de Alcalá de Henares, titulada "''Mecanismo de proliferación y muerte celular en el timo humano''", supervisada polos doutores Francisco Gambón Deza e [[Fernando Díaz Espada|Fernando Díaz Espada.]] Posteriormente, marchou a Inglaterra, onde traballou no Laboratorio de Bioloxía Molecular do Medical Research Council de Cambridge, baixo a dirección do [[Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina|premio Nobel de Medicina]] (pola técnica de xeración de anticorpos monoclonais), [[César Milstein]].<ref name=":0" /> Despois de 4 anos en Inglaterra, conseguíu unha becabolsa de retorno europeo e, en 1996, incorpórase á Universidade de Vigo, onde crea o primeiro grupo de investigación, das tres universidades galegas, na área de Inmunoloxía da Universidade de Vigo e no desenvolvemento de [[vacina]]s (para [[Escherichia coli|E. coli]], [[tuberculose]] e [[hepatite]]), en [[nanomedicina]] (no estudo da [[toxicidade]] e inmunoxenicidade dos [[nanomateriais]]) e no desenvolvemento dun [[biosensor]] para detectar [[célula]]s [[tumor]]ais<ref name=":2">{{Cita web|url=https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2019/01/22/academia-farmacia-galicia-reconoce-trayectoria-15795075.html|páxina-web=farodevigo.es|título=La Academia de Farmacia de Galicia reconoce la trayectoria de África González|data-acceso=20 de febreiro de 2021|apelidos=Redacción|data-publicación=22 de xaneiro de 2019}}</ref> e na xeración de [[anticorpo monoclonal|anticorpos monoclonais]] con distintas aplicacións. É catedrática da Universidade de Vigo desde 2009.<ref name=":0" />​​
 
Entre 2009 e 2019, dirixiu o Centro de Investigacións Biomédicas CINBIO<ref name=":3">{{Cita web|url=https://executivasdegalicia.org/portfolio/africa-gonzalez-fernandez/|páxina-web=executivasdegalicia.org|título=África González Fernández|data-acceso=20 de febreiro de 2021|lingua=es}}</ref> da Universidade de Vigo onde segue a traballar<ref>{{Cita web|url=http://inmunologia.webs.uvigo.es/members/|páxina-web=uvigo.es|título=Immunology Group|data-acceso=20 de febreiro de 2021|lingua=en}}</ref> e foi cofundadora da spin-off NanoImnunoTech S.L., creada en [[2009]] por un grupo de estudantes das universidades de Vigo e [[Universidade de Zaragoza]], centrada na nanotecnoloxía.<ref>{{Cita web|url=https://innovatia83.es/spinoff/nanoimmunotech|páxina-web=innovatia83.es|título=Africa González Fernández. Valeria Grazú|data-acceso=20 de febreiro de 2021|lingua=es}}</ref>