Periclímeno (fillo de Neleo): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 6:
Neleo e Cloris tiveron unha filla, Pero, e doce fillos: Tauro, Asterio, Pilaón, Deímaco, Euribio, Epilao, Frasio, Eurímenes, Evágoras, Alástor, Néstor e Periclímeno.
 
Periclímeno destacaba pola súa gran forza <ref>"''Ilimitada''", segundo Graves, px. 591.</ref> e era o máis valoroso dos fillos de Neleo <ref>Pseudo-Apolodoro II, 7, 3.</ref>. Poseidón concedeulle ademais a capacidade de cambiar de forma no animal que quixer e, cando [[Heracles]] atacou e conquistou Pilos, enfrontouse con Periclímeno. Este transformouse primeiro en [[león]], logo en [[serpe]] e tamén en [[abella]] (ou mosca ou formiga), para tomar finalmente a forma dunha [[aguia]] que intentou picarlle nos ollos. Pero todo iso non evitou que Heracles terminara matándoo coas súas frechas <ref>Hixino contradi a versión dos outros mitógrafos s e di que "''Evitou a morte ó transformarse en aguia grazas a un don do seu avó Neptuno''" (''Fábulas'' 10, 2). Outras fontes din que [[Atenea]] o advertiu da metamorfose en abella e que Heracles o matou neste estado.</ref>, para logo matar tamén ó resto dos seus irmáns, coa única excepción de [[Néstor (mitoloxía)|Néstor]], que se criaba fóra de Pilos <ref>"''Por ser aínda novo criábase entre os [[Xerenia|xerenios]]''" (Pseudo-Apolodoro II, 7, 2). Segundo Hixino, [[Apolo]] concedeulle vivir os anos arrebatados ós seus irmáns e viviu durante tres xeracións (Hixino: ''Fábulas'' 10, 3). Outras tradicións din que morreu canda os outros irmáns (Grimal, s.v. ''Neleo'').</ref>.
 
{{cita|[Fala Néstor con Tleptólemo] "''Doce eramos os fillos de Neleo, unha xuventude admirable; os doce, excepto eu, sucumbiron á furia de Hércules, e que fose capaz de vencer ós demais pode soportarse, pero resulta asombrosa a morte de Periclímeno, a quen Neptuno, fundador do sangue de Neleo, outorgara o don de adoptar as figuras que quixera e logo abandonalas. Tomou este en van toda clase de formas e transformouse na ave que adoita levar os raios nas súas poutas e é a máis querida do rei dos deuses... O tirintio frecha el o seu arco, infalible, e mentres se eleva e paira entre as nubes, alcánzalle onde a ala se une ó flanco''".|(Ovidio: ''Metamorfosis XII, 553-566)}}
 
Periclímeno foi un dos [[argonautas]] <ref>Pseudo-Apolodoro I, 9, 16; Hixino 14, 14; Graves, px. 629.</ref>.
 
== Notas ==
Liña 18:
 
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Los mitos griegos |nome= Robert |apelidos= Graves |ano= 2019 |editorial= Gredos |isbn= 9788424999940|ref=harv}} {{es}}
 
* {{Cita libro |título= Diccionario de mitología griega y romana |nome= Pierre |apelidos= Grimal |ano= 1981 |editorial= Paidós |isbn= 9788449324574|ref=harv}} {{es}}
* {{Cita libro |título= Fábulas mitológicas |nome= |apelidos= Hixino |ano= 2009 |editorial= Alianza Editorial |isbn= 9788420650722 |ref=harv}} {{es}}
* {{Cita libro |título= Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger |nome= |apelidos= Ovidio |ano= 2015 (reimpr. 2017) |editorial= Alianza Editorial |isbn= 9788420697208|ref=harv}} {{es}}
* {{Cita libro |título= Biblioteca mitológica |nome= |apelidos= Pseudo-Apolodoro |ano= 2016 |editorial= Alianza Editorial |isbn= 9788491044277|ref=harv}} {{es}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Homes na mitoloxía grega]]