Periclímeno (fillo de Neleo): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
comezo, a partir da Bibliografía máis a información da esWiki
 
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 6:
Neleo e Cloris tiveron unha filla, Pero, e doce fillos: Tauro, Asterio, Pilaón, Deímaco, Euribio, Epilao, Frasio, Eurímenes, Evágoras, Alástor, Néstor e Periclímeno.
 
Periclímeno destacaba pola súa gran forza e era o máis valoroso dos fillos de Neleo <ref>Pseudo-Apolodoro II, 7, 3.</ref>. Poseidón concedeulle ademais a capacidade de cambiar de forma no animal que quixer e, cando [[Heracles]] atacou e conquistou Pilos, enfrontouse con Periclímeno. Este transformouse primeiro en [[león]], logo en [[serpe]] e tamén en [[abella]], para tomar finalmente a forma dunha [[aguia]]. Pero todo iso non evitou que Heracles terminara matándoo coas súas frechas <ref>Hixino contradi a versión dos outros mitógrafos s e di que "''Evitou a morte ó transformarse en aguia grazas a un don do seu avó Neptuno''" (''Fábulas'' 10, 2). Outras fontes din que Atenea o advertiu da metamorfose en abella e que Heracles o matou neste estado.</ref>, para logo matar tamén ó resto dos seus irmáns, coa única excepción de [[Néstor (mitoloxía)|Néstor]], que se criaba fóra de Pilos <ref>"''Por ser aínda novo criábase entre os [[Xerenia|xerenios]]''" (Pseudo-Apolodoro II, 7, 2). Segundo Hixino, [[Apolo]] concedeulle vivir os anos arrebatados ós seus irmáns e viviu durante tres xeracións (Hixino: ''Fábulas'' 10, 3). Outras tradicións din que morreu canda os outros irmáns (Grimal, s.v. ''Neleo'').</ref>.
 
Periclímeno foi un dos [[argonautas]] <ref>Pseudo-Apolodoro I, 9, 16; Hixino 14, 14.</ref>-.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
 
=== Bibliografía ===
 
* {{Cita libro |título= Diccionario de mitología griega y romana |nome= Pierre |apelidos= Grimal |ano= 1981 |editorial= Paidós |isbn= 9788449324574|ref=harv}} {{es}}
* {{Cita libro |título= Fábulas mitológicas |nome= |apelidos= Hixino |ano= 2009 |editorial= Alianza Editorial |isbn= 9788420650722 |ref=harv}} {{es}}
* {{Cita libro |título= Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger |nome= |apelidos= Ovidio |ano= 2015 (reimpr. 2017) |editorial= Alianza Editorial |isbn= 9788420697208|ref=harv}} {{es}}
* {{Cita libro |título= Biblioteca mitológica |nome= |apelidos= Pseudo-Apolodoro |ano= 2016 |editorial= Alianza Editorial |isbn= 9788491044277|ref=harv}} {{es}}