Poseidón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 122:
* Con [[Pitane]], filla de [[Leucipo (mitoloxía)|Leucipo]], tivo a [[Evadne]] <ref name="Hixino 157"/>
* Con [[Cálice]], filla de [[Hecatón]], tivo a Cicno <ref name="Hixino 157"/>. Este foi abandonado e recollido na praia por uns pastores que o chamaron así porque viron descender un cisne. Cicno foi morto por Aquiles ó comezo da Guerra de Troia, ben dunha pedrada, ben facéndoo tropezar cunha pedra e estrangulándoo coas correas do helmo. Poseidón converteuno nun cisne.
* Con [[Astipalea (mitoloxía)|Astipalea]], filla de [[Fénix (fillo de Axenor)|Fénix]], tivo a [[Periclímeno (fillo de Poseidón)|Periclímeno]] e [[Anceo]] <ref name="Hixino 157"/> <ref>OutrasNon obstante, este parece ser un erro de Hixino, pois as outras fontes din que os fillos que tivo de Astipalea se chamaban [[Eurípilo]] e Anceo, e fan a Periclímeno fillo de [[Neleo]] e, por tanto, neto de Poseidón. </ref>. Anceo foi outro dos Argonautas e quen gobernou a nave ''Argo'' ata a Cólquide, trala morte do temoneiro [[Tifis]].
* Con [[Tiro (filla de Salmoneo)|Tiro]], filla de [[Salmoneo]], tivo a [[Neleo]] e [[Pelias]] <ref name="Hixino 157"/>. Outros considérannos fillos de [[Creteo]] e de Tiro. A lenda conta que Tiro andaba enamorada do deus fluvial [[Enipeo]] vagando polas súas beiras <ref>Críase que a auga dos ríos preñaban ás mulleres que se bañaban nel.</ref>, pero este non lle correspondía. Entón, poseidón tomou a forma de Enipeo e adormeceuna para violala, á vez que levantaba unha onda xigantesca para tapar esta acción. Cando acordou, Poseidón explicoulle o acontecido e ela volveu feliz a casa.
* Coa [[Pléiades|pléiade]] [[Celeno]], filla de [[Exeo]], tivo a [[Eufemo]], [[Lico]] e [[Nicteo]] <ref name="Hixino 157"/>. Eufemo parece ser fillo de Poseidón e de [[Europa (filla de Ticio)|Europa]], filla de [[Ticio]]. Foi outro dos Argonautas e recibira do pai o don de poder camiñar sobre as augas <ref>Hixino, 14,15. Pseudo-Apolodoro apón este poder a Orión, outro fillo de Poseidón (I, 4, 3).</ref>; tamén participou na caza do [[xabaril de Calidón]]. Lico foi o rei de [[Tebas, Grecia|Tebas]] tras matar a [[Creonte]], o seu predecesor e pai de [[Mégara (esposa de Heracles)|Mégara]], a primeira esposa de [[Heracles]]. Intentou tamén matar á propia Mégara e ós seus fillos, pero Heracles matouno a el. Foi entón cando Hera fixo que louqueara, e cando foi Heracles quen matou ós fillos <ref>''Heracles furioso'', traxedia de [[Eurípides]].</ref>.