Poseidón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 114:
* Con [[Amimone]], a danaide mencionada antes, tivo a [[Nauplio (fillo de Poseidón)|Nauplio]]. Conta a lenda que un [[sátiro]] intentou violar a Amimone mentres cazaba, ou ben mentres ía coas súas irmás a buscar auga, dada a seca que padecía o país. Ela pediu auxilio e acudiu Poseidón, que axotou ó sátiro lanzándolle o tridente, pero esquivouno e o tridente cravouse nunha rocha. A seguir, xaceu con Amimone e enxendrou a Nauplio. Este Nauplio foi un dos [[Argonautas]]. [[Estrabón]] engade que Poseidón fixo abrollar alí mesmo unha fonte, da rocha na que se cravara o tridente, que se chamou fonte de [[Lerna]] e da que nace o río Amimonio <ref>Ou ó revés, fonte Amimone, da que xorde o río Lerna.</ref>.
* Con [[Euríale]] tivo o xigante [[Orión (mitoloxía)|Orión]], cegado por [[Enopión]] cando quixo violar á súa esposa, [[Mérope]]
* Con [[Antíope]], filla de [[Desmontes]] ou de [[Eolo]], tivo a [[Beoto]] e [[Eolo (fillo de Poseidón)|Eolo]] <ref>Hixino 157, que os denomina Beoto e Helén.</ref>. Esta Antíope é denominada [[Melanipe]] noutras fontes <ref>Hixino, 157; 186.</ref>. Cando o soubo Desmontes, ordenou cegar e encarcerar a Menanipe e que se botara ós meniños ás feras, pero veu unha vaca e aleitoounos. Foron recollidos por uns boieiros que os deron a Teano, a esposa do rei Metaponto, que non podía ter fillos propios. Pero ó final, Teano quedou embarazada e decidiu eliminar a aqueles, así que dixo ós seus fillos que os mataran aproveitando que saíran a cazar. O resultado foi que os fillos de Poseidón mataron ós fillos de Teano e esta matouse cun coitelo. Poseidón confesoulles que eran fillos seus e que a nai fora encarcerada por Desmontes, así que mataron a Desmontes, liberaron a Melanipe (á que Poseidón devolveu a vista) e confesaron a Metaponto toda a verdade. Metaponto casou con Melanipe e adoptou como fillos propios a Beoto e Eolo.
* Con [[Libia (filla de Épafo)|Libia]], filla de [[Épafo (fillo de Ío)|Épafo]], tivo a [[ÁgenorÁxenor]] e [[Belo]] <ref name="Hixino 157">Hixino: ''Fábulas'' 157.</ref> <ref>Hixino di que Belo foi o primeiro en loitar cunha espada, e que por iso 'guerra' se di ''bellum'' (Hixino, 274, 22.</ref>.
* Con [[Eurínome]], filla de [[Niso (fillo de Pandión II)|Niso]], tivo a [[Belerofonte]] <ref name="Hixino 157"/>, aínda que adoita considerarse fillo de [[Glauco (fillo de Sísifo)|Glauco]] e Eurínome. Cando Belerofonte volvía matar a [[Quimera (mitoloxía)|Quimera]] a presentarse a [[Ióbates]], este tendeulle unha trampa con intención de matalo. Para protexelo, Poseidón mandou grandes ondas que avanzaban tras el e asolagaron a chaira fronte ó palacio.
* Con [[Temisto (filla de Hipseo)|Temisto]], filla de [[Hipseo]], tivo a [[Leucónoe]] <ref name="Hixino 157"/>
* Con [[Aretusa (nereida)|Aretusa]], filla de [[Nereo]], tivo a [[Abante]] <ref name="Hixino 157"/>
* Con [[Agamede]], filla de [[Auxías]], tivo a [[Dictis]] <ref name="Hixino 157"/>
* Con [[Pitane]], filla de [[Leucipo (mitoloxía)|Leucipo]], tivo a [[Evadne]] <ref name="Hixino 157"/>
* Con [[Cálice]], filla de [[Hecatón]], tivo a Cicno <ref name="Hixino 157"/>. Este foi abandonado e recollido na praia por uns pastores que o chamaron así porque viron descender un cisne. Cicno foi morto por Aquiles ó comezo da Guerra de Troia, ben dunha pedrada, ben facéndoo tropezar cunha pedra e estrangulándoo coas correas do helmo. Poseidón converteuno nun cisne.
* Con [[Astipalea (mitoloxía)|Astipalea]], filla de [[Fénix]], tivo a [[Periclímeno]] e [[Anceo]] <ref name="Hixino 157"/>. Anceo foi outro dos Argonautas e quen gobernou a nave ''Argo'' ata a Cólquide, trala morte do temoneiro [[Tifis]].
* Con [[Tiro (filla de Salmoneo)|Tiro]], filla de [[Salmoneo]], tivo a [[Neleo]] e [[Pelias]] <ref name="Hixino 157"/>. Outros considérannos fillos de [[Creteo]] e de Tiro. A lenda conta que Tiro andaba enamorada do deus fluvial [[Enipeo]] vagando polas súas beiras <ref>Críase que a auga dos ríos preñaban ás mulleres que se bañaban nel.</ref>, pero este non lle correspondía. Entón, poseidón tomou a forma de Enipeo e adormeceuna para violala, á vez que levantaba unha onda xigantesca para tapar esta acción. Cando acordou, Poseidón explicoulle o acontecido e ela volveu feliz a casa.
* Coa [[Pléiades|pléiade]] [[Celeno]], filla de [[Exeo]], tivo a [[Eufemo]], [[Lico]] e [[Nicteo]] <ref name="Hixino 157"/>. Eufemo parece ser fillo de Poseidón e de [[Europa (filla de Ticio)|Europa]], filla de [[Ticio]]. Foi outro dos Argonautas e recibira do pai o don de poder camiñar sobre as augas <ref>Hixino, 14,15. Pseudo-Apolodoro apón este poder a Orión, outro fillo de Poseidón (I, 4, 3).</ref>; tamén participou na caza do [[xabaril de Calidón]]. Lico foi o rei de [[Tebas, Grecia|Tebas]] tras matar a [[Creonte]], o seu predecesor e pai de [[Mégara (esposa de Heracles)|Mégara]], a primeira esposa de [[Heracles]]. Intentou tamén matar á propia Mégara e ós seus fillos, pero Heracles matouno a el. Foi entón cando Hera fixo que louqueara, e cando foi Heracles quen matou ós fillos <ref>''Heracles furioso'', traxedia de [[Eurípides]].</ref>.
* Coa tamén pléiade [[Alcíone]], filla de [[Atlas (mitoloxía)|Atlas]], tivo a [[Etusa]], [[Hirieo]] <ref name="Hixino 157"/> e [[Epopeo]] <ref name="Hixino 157"/> <ref>Pseudo-Apolodoro di que este tercer fillo se chamaba [[Hiperénor]] (III, 10, 1).</ref>. E coa filla deste, [[Énope]], tivo a [[Megareo]] <ref name="Hixino 157"/>
* Con [[Teófane]], filla de [[Bisaltes]], tivo un [[ovella|carneiro]] que nacera coa pel de ouro. Esta pel sería a que se coñecería como o [[vélaro de ouro]]. A lenda conta que Poseidón levou a Teófane, unha moza fermosísima, a unha illa para escapar dos numerosos pretendentes. Estes botaron un barco para ir ata a illa e entón Poseidón converteu a moza en ovella, a el mesmo en carneiro e ós habitantes da illa en gando diverso. Pero os homes do barco, vendo que alí non había ninguén, dedicáronse a matar e comer o gando, polo que os converteu en lobos. Logo copulou con Teófane, feita ovella, e de aí naceu ese carneiro de pel de ouro.
* Con [[Lisianasa]], filla de Épafo, tivo a [[Busiris (rei de Exipto)|Busiris]], rei de [[Exipto]] famoso pola súa crueldade. Cando Heracles pasou por alí buscando as [[Hespérides|mazás de ouro das Hespérides]], Busiris quixo sacrificalo a Zeus, como facía tódolos anos cun estranxeiro, pero Heracles desatouse e matouno.
* Raptou a [[Hipótoe]], filla de [[Lisídice]], e enxendrou con ela a [[Tafio]]. Fillo deste foi [[Pterelao]], a quen Poseidón concedeu a inmortalidade mentres mantivera a súa cabeleira de ouro.
* Con [[Quíone (filla de Bóreas)|Quíone]], filla de [[Bóreas]], tivo a [[Eumolpo]] <ref name="Hixino 157"/>. Quíone botou o fillo por un precipicio pero Poseidón salvouno. Xa adulto, foi o rei de [[Eleusis]] e atacou Atenas, pero foi derrotado e morto polas tropas de [[Erecteo]], rei da cidade. Poseidón, para coutar a alegría de Erecteo, esixiu o sacrificio dunha das súas fillas, [[Ctonia]] (ou Otionia), que foi voluntariamente ó altar e foi degolada polo pai, pero as outras fillas de Erecteo fixeran o xuramento de darse morte se unha delas morría, e matáronse trala morte de Ctonia. Zeus matou a Erecteo cun raio ante a petición de vinganza que lle fixo Poseidón.
* Con [[ÁmicoMelia]], filla de [[Busiris]], tivo a [[Ámico]] <ref name="Hixino 157"/>. Este foi rei dos bébrices e inventor do boxeo: mataba a puñadas ós estranxeiros que chegaban a [[Reino de Bitinia|Bitinia]]. Cando aportaron os argonautas foron retados por Ámico e foi [[Pólux]] quen aceptou o reto e venceu. Pólux fixo xurar solemnemente a Ámico que no futuro respectaría ós visitantes; outras fontes din que o venceu e o matou <ref>Hixino, 17; Graves, px. 641.</ref>. Para aplacar ó pai de Ámico, Poseidón, ofrecéronlle un sacrificio de vinte touros vermellos.
 
{{cita|[Ámico] "''presentándose na 'Argo', invitou a baterse a puñadas ó mellor entre eles. Polux aceptou baterse con el e matouno dun golpe no cóbado''".|(Pseudo-Apolodoro I, 9, 20)}}
 
Tamén foron fillos de Poseidón os seguintes:
 
* [[Cerción]] (outras fontes din que sería fillo de [[Hefesto]], ou de [[Branco (mitoloxía)|Branco]] e a ninfa [[Arxíope]] <ref>Pseudo-Apolodoro, ''Epítome'' I, 3.</ref>), obrigaba ós viaxeiros a pelexar con el e matábaos despois de vencelos. [[Teseo]] loitou con el e matouno tras erguelo no aire e botándoo ó chan violentamente. Tamén se di que este Cerción tivo unha filla, [[Álope]], á que desvirgou Poseidón. Desta unión naceu un fillo, pero Poseidón deuno para que o abandonaran. Alimentouno unha egua e foi recollido por uns pastores, que o chamaron [[Hipótoo]] (ou Hipotoonte). Cerción terminou enterándose e ordenou matar a Álope, que foi transformada por Poseidón nunha fonte. Cando Teseo matou a Cerción, Hipótoo pediulle o trono do seu avó e Teseo doullo.
* [[Ámico]], rei dos bébrices e inventor do boxeo: mataba a puñadas ós estranxeiros que chegaban a [[Reino de Bitinia|Bitinia]]. Cando aportaron os argonautas foron retados por Ámico e foi [[Pólux]] quen aceptou o reto e venceu. Pólux fixo xurar solemnemente a Ámico que no futuro respectaría ós visitantes; outras fontes din que o venceu e o matou <ref>Hixino, 17; Graves, px. 641.</ref>. Para aplacar ó pai de Ámico, Poseidón, ofrecéronlle un sacrificio de vinte touros vermellos.
 
{{cita|[Ámico] "''presentándose na 'Argo', invitou a baterse a puñadas ó mellor entre eles. Polux aceptou baterse con el e matouno dun golpe no cóbado''".|(Pseudo-Apolodoro I, 9, 20)}}
 
* [[Escirón]] (algúns autores fano fillo de [[Pélope]]), un home cruel que vivía nas terras de [[Mégara (cidade)|Mégara]]. Colocado á beira do mar sobre un acantilado, obrigaba ós camiñantes a lavarlle os pés e, cando o estaban facendo, botábaos polo acantilado abaixo, onde unha tartaruga xigante devoraba os corpos. Tamén foi morto por Teseo botándoo polo mesmo acantilado.
* [[Lamo]], rei dos lestrigóns, un pobo antropófago que vivía en Italia.