Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
Finalmente, os veciños non puideron seguir indiferentes ante o que, a partir dese intre, deuse en coñecer como o “matrimonio sen home”. A parella sería portada de xornais galegos e madrileños e, como consecuencia disto, foron excomungadas, perderon o seu emprego e ditouse unha orde de busca e captura<ref name=Espido/>. Semella que para que tivese lugar a [[excomuñón]], o párroco pediulle a un doutor que examinase a Mario para comprobar se era home ou muller<ref name="La Opinión">"La boda homosexual que la Iglesia olvidó anular", ''La Opinión'', 24-09-2006. Consultado o 17-06-2007</ref>. Mario accedeu e, cando o doutor emitiu o seu diagnóstico, tentou pasar por un [[hermafroditismo|hermafrodita]] cuxa condición fora diagnosticada en [[Londres]]<ref name="La Opinión"/>. A [[Garda Civil]] perseguiunas até a localidade de Dumbría, onde ambas exercían coma mestras. Tense constancia de que pasaron por [[Vigo]] e [[Porto, Portugal|Porto]] ([[Portugal]]) na súa fuxida. Nesta cidade, Elisa fíxose chamar Pepe e, de novo baixo a aparencia dunha parella heterosexual, as mulleres viviron como marido e muller durante dous meses.
 
O 1 de xullo de 1901 o xuíz [[Pedro Calvo Camina]] acordou procesalas e ordenar a súa busca e captura. O 18 de agosto, a petición da policía española, foron detidas e encarceradas.<ref name="BBC">{{Cita web | título=La fascinante historia de Marcela y Elisa, las pioneras lesbianas que se casaron en España (y tuvieron que huir a Argentina) | autor= Pablo Esparza | editorial=BBC Mundo |data=11 de noviembrenovembro de 2016| url =https://www.bbc.com/mundo/noticias-internacional-37946980 |dataacceso=17 de xullo de 2018|lingua=es}}</ref> Foron liberadas trece días despois porque un movemento solidario liderado por activistas portuguesas esixiu a súa liberdade,<ref name="Público2">{{cita web |autor= Henrique Martiño|url = http://www.publico.es/sociedad/marcela-elisa-matrimonio-lesbianas-gay.html | título = Marcela y Elisa, las únicas lesbianas que se casaron por la Iglesia | obra = Público |data= 22-10-2016 |dataacceso= 17-7-2018 |lingua= es}}</ref> realizándose ademais varias colectas públicas para axudalas economicamente. Entre tanto, Elisa xuraba que era un home para xustificar a situación. Porén, os dous médicos que a recoñeceron concluíron que o seu sexo era feminino e foi obrigada a vestirse de muller.<ref name="ElPaís3">{{cita web | autor= Cristóbal Ramírez|data= 14-3-2010 | url = http://www.elpais.com/articulo/portada/Marcela/Elisa/casadas/1901/elpepusoceps/20100314elpepspor_4/Tes | título = Marcela y Elisa, casadas en 1901 | xornal= El País |dataacceso = 17-7-2018 |lingua= es}}</ref> A pesar do rebumbio, a administración española solicitou a extradición da parella e Portugal aceptouna. Non obstante, antes de ser enviadas a España, foron xulgadas e absoltas polos delitos que se lles imputaban nese país.<ref name="BBC"/>
Antes de escapar do Porto cara a América, Elisa e Marcela transformáranse nunha familia, pois Marcela dera a luz unha nena o 6 de xaneiro de 1902.<ref name="ElPais2">{{cita publicación periódica| apelidos= Belinchón | nome=Gregorio | título= El primer matrimonio de lesbianas en España, nueva película de Isabel Coixet | xornal= El País | data= 6 de febreiro de 2010 | url = https://elpais.com/cultura/2018/02/06/actualidad/1517913640_851858.html |dataacceso= 17 de xullo de 2018|lingua=es}}</ref> Subiron entón nun barco cara á [[Arxentina]], coma tantos outros galegos da época, onde pasaron a lúa de mel e, finalmente, ficaron a vivir.<ref>{{Cita novas|nome=Xosé Manuel |apelidos=Pereiro |data=9-5-2002|xornal=El País |título=Efeméride parroquial |url=https://elpais.com/diario/2002/05/09/agenda/1020895204_850215.html|lingua=es|issn=1134-6582|data-acceso=6-7-2018}}</ref> O desembarco en Buenos Aires, ese mesmo ano non foi doado. Traballaron como criadas durante un ano, mais o salario non daba para manter unha familia,<ref name="Público2"/> polo que tiveron que recorrer a novas estratexias para superar as circunstancias que impuñan a separación. Para iso Elisa, que nese país se identificaba como María Sánchez Loriga, casou en 1903 co dinamarqués Christian Jensen, un home vinte e catro anos máis vello ca ela, para apousentarse nun fogar ao que facer chegar despois a Marcela, baixo a identidade de Carmen, como se fose a súa irmá, e a súa filla.
[[Ficheiro:Marcela Gracia Ibeas and Elisa Sánchez Loriga.jpg|miniatura]]