Xanuli I da Coruña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Como o seu nome revela, Xanuli da Coruña probablemente procedía da [[A Coruña|Coruña]], e foi un cabaleiro da [[Orde de Malta]].{{sfn|Miller|1908|p=584}} En 1307, apoderouse da illa de [[Sifnos]], renunciou a súa lealdade aos cabaleiros, e declarouse o seu señor.{{sfn|Miller|1908|p=584}} Como a maior parte das [[Cícladas]], Sifnos caera baixo o poder do [[Ducado de Naxos|Ducado do Arquipélago]] da familia Sanudo como secuela da [[Cuarta Cruzada]].{{sfn|Freely|2006|p=50}} A continuación, recuperouna para o [[Imperio bizantino]] o aventureiro [[Licario]] na década de 1270,{{sfn|Miller|1908|p=141}} e mantívose baixo control bizantino ata qa conquista de Xanuli.{{sfn|Miller|1908|p=584}} Os Sanudo duques do Arquipélago, que considera a illa súa por dereito, protestaron a acción de Xanuli, pero en balde{{sfn|Miller|1908|p=584}} a familia Coruña continuou mantendo a illa como un señorío independente ata 1456, cando pasou á familia [[Gozzadini]], que á súa vez o gobernou ata que foi anexada polo [[Imperio otomán]] en 1617.{{sfn|Freely|2006|p=50}}
 
== Notas ==