Trofeo Teresa Herrera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 20:
== Historia ==
 
=== AnosDécada 40de 1940: As orixes ===
O torneo naceu en [[1946]] baixo o amparo do [[Concello da Coruña]] e a Xunta Local de Beneficencia, co obxectivo de recadar fondos para os hospitais da cidade nunha época de penurias.<ref>{{Cita web|url=https://www.rcdeportivo.es/gl/rcdeportivo/torneos/trofeo-teresa-herrera|páxina-web=[[Deportivo da Coruña]]|título=Trofeo Teresa Herrera|data-acceso=21 de decembro de 2020}}</ref> O seu ideólogo foi [[Cristino Álvarez Hernández|Cristino Álvarez]], concelleiro de beneficencia, que lle presentou a súa idea ao alcalde [[Eduardo Ozores Arráiz|Eduardo Ozores]], e este aceptouna.<ref>{{Cita novas|data=16 de agosto de 1999|título=Aniversario de la muerte de Cristino Álvarez|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=33}}</ref> Os equipos elixidos para a disputa da primeira edición foron o [[Sevilla Fútbol Club|Sevilla FC]], campión de liga na [[Primeira división española 1945/46|tempada 1945/46]], e o [[Athletic Club|Athletic de Bilbao]], campión da [[Copa do Xeneralísimo]] de 1945.<ref name=":0">{{Cita novas|data=28 de maio de 1946|título=Bilbao-Sevilla, el 30 de junio en el Estadio de Riazor|url=|data-acceso=|lingua=es|edición=A Coruña|páxina=7}}</ref> O Sevilla cobrou unhas 45.000 pesetas pola súa participación e o Athletic unhas 40.000,<ref>{{Cita novas|data=7 de xuño de 1946|título=Noticiario deportivo|url=|data-acceso=|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=3|edición=A Coruña}}</ref> mentres que o custo do trofeo que se puxo en xogo foi doutras 40.000 pesetas.<ref>{{Cita novas|data=26 de xuño de 1946|título=Trofeo Teresa Herrera|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1273063&posicion=5&presentacion=pagina|data-acceso=21 de decembro de 2020|lingua=es|xornal=[[El Correo Gallego]]}}</ref><ref name=":0" /> Os prezos das entradas oscilaron entre as 7 pesetas da localidade máis barata ata as 26 da máis cara,<ref>{{Cita novas|data=4 de xuño de 1946|título=La importante jornada del dia 30|url=|data-acceso=|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=7|edición=A Coruña}}</ref> e o [[Estadio Municipal de Riazor|estadio de Riazor]], inaugurado menos de dous anos antes, rexistrou entre 20.000 e 25.000 espectadores segundo as crónicas da época.<ref>{{Cita novas|data=2 de xullo de 1946|título=El Sevilla ganó la I Copa Teresa Herrera al vencer al Sevilla por tres a dos|url=|data-acceso=|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=7|edición=A Coruña}}</ref><ref name=":1">{{Cita novas|data=1 de xullo de 1946|título=El Sevilla, obtiene el Trofeo Teresa Herrera al vencer al Bilbao por 3 goles a 2|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1145899&posicion=4&presentacion=pagina|data-acceso=21 de decembro de 2020|xornal=[[La Noche]]|páxina=4|lingua=es|apelidos=Balón|nome=Pepe}}</ref> [[Telmo Zarra]] anotou o primeiro gol do torneo no minuto 13 de xogo tras unha asistencia de [[José Luis Panizo]], e aínda que o dianteiro biscaíño marcou aínda un segundo gol, non foi suficiente para contrarrestar os tres goles sevillistas, obra de [[Juan Araujo Pino|Araujo]], [[Juan Arza|Arza]] e [[Manuel Doménech Pinto|Doménech]].<ref name=":1" />
 
Liña 27:
O éxito desa segunda edición, cun Riazor ateigado con preto de 40.000 espectadores,<ref name=":2" /> propiciou que se seguise convidando a equipos estranxeiros, ocorrendo isto en case todas as edicións das seguintes décadas. Así, o [[Fútbol Club Barcelona|FC Barcelona]] de [[César Rodríguez Álvarez|César]] e o [[Real Madrid Club de Fútbol|Real Madrid]] de [[Miguel Muñoz]] e [[Pahiño]] conquistaron as seguintes dúas edicións fronte ao [[Futebol Clube do Porto|FC Porto]] e o [[Racing Club de France Football|Racing de París]] respectivamente.
 
=== AnosDécada 50de 1950: Consolidación ===
En xuño de [[1950]] a [[Società Sportiva Lazio|Lazio]] de [[Aldo Puccinelli|Puccinelli]] e [[Enrique Flamini|Flamini]] foi o primeiro equipo estranxeiro en conquistar o trofeo, tras derrotar por 3-1 con goles de [[Mario Magrini|Magrini]], [[Vittorio Sentimenti|Sentimenti III]] e [[Romolo Alzani|Alzani]] a un [[Club Atlético de Madrid|Atlético de Madrid]] campión de liga que xogou reforzado con varios futbolistas emprestados como [[César Rodríguez Álvarez|César]], [[Joan Babot|Babot]] e [[Rafeal Lesmes]], debido á ausencia de varios dos seus xogadores por mor da disputa da [[Mundial de Fútbol de 1950|Copa do Mundo de Brasil]]. O torneo recadou unha cifra récord de 540.000 pesetas.<ref>{{Cita novas|data=6 de xuño de 1950|título=El Lazio de Roma vence en el quinto Trofeo Teresa Herrera|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1268758&posicion=4&presentacion=pagina|data-acceso=22 de decembro de 2020|lingua=es|xornal=[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]|páxina=4}}</ref> O FC Barcelona foi o primeiro en gañar un segundo trofeo, tras derrotar en 1951 por 4-2 ao [[BSC Young Boys|Young Boys]] suízo, con dous goles de [[László Kubala|Kubala]], un de César e outro de [[Cheché Martín]], o primeiro galego e o primeiro coruñés en marcar un gol no torneo.<ref>{{Cita novas|data=30 de xuño de 1951|título=El Barcelona ganó el VI Trofeo Teresa Herrera, al vencer al equipo suizo YOUNG BOYS, por 4 a 2|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1277601&posicion=4&presentacion=pagina|data-acceso=22 de decembro de 2020|páxina=4|xornal=[[El Correo Gallego]]|lingua=es}}</ref>
 
Liña 38:
En [[1959]] disputouse unha histórica edición que enfrontou ao [[Santos Futebol Clube|Santos]] de [[Pelé]] co [[Botafogo de Futebol e Regatas|Botafogo]] de [[Garrincha]]. O Santos chegaba á Coruña como líder do [[Campionato Paulista]], que acabaría gañando uns meses despois coa escandalosa cifra de 143 goles, 58 deles de Pelé.<ref>{{Cita novas|data=14 de decembro de 2019|título=Paulista de 1958, a explosão do Santos de Pelé|url=https://www.santosfc.com.br/paulista-de-1958-a-explosao-do-santos-de-pele/|data-acceso=28 de decembro de 2020|lingua=pt}}</ref> Pola súa banda o Botafogo viña de facer un gran [[Campionato Carioca]] en 1958, quedando empatado na primeira posición co [[Clube de Regatas do Flamengo|Flamengo]] e o [[Club de Regatas Vasco da Gama|Vasco da Gama]], sendo necesarios dous torneos triangulares de desempate ata que o título se decidiu a favor do Vasco no que foi chamado o "Super Super Campionato".<ref>{{Cita novas|data=29 de xaneiro de 2016|título=Vasco, o super-supercampeão carioca em 1958|url=https://www.cbf.com.br/futebol-brasileiro/noticias/campeonato-brasileiro-serie-b/vasco-o-super-super-campeao-carioca-em-1958|data-acceso=28 de decembro de 2020|lingua=pt}}</ref> Os 40.000 espectadores que ateigaron Riazor naquel Teresa Herrera viron sobre o terreo de xogo a 7 campións do mundo, membros da [[Selección de fútbol do Brasil|selección brasileira]] que viña de gañar o [[Mundial de Fútbol de 1958|Mundial de Suecia]] o ano anterior: Pelé, [[José Ely de Miranda|Zito]] e [[José Macia|Pepe]] polo Santos e Garrincha, [[Didi]], [[Nílton Santos]] e [[Mário Zagallo]] polo Botafogo. O trofeo acabou nas mans do equipo santista, que goleou por 4-1 aos cariocas, con dous goles de Pepe, un de [[Antônio Wilson Vieira Honório|Coutinho]] e outro de Pelé, que contaba con só 17 anos e que foi a gran figura do partido.<ref>{{Cita novas|data=22 de xuño de 1959|título=Santos, 4 - Botafogo, 1|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1237398&posicion=4&presentacion=pagina|data-acceso=28 de decembro de 2020|lingua=es|xornal=[[La Noche]]|páxina=4|apelidos=Henry}}</ref>
 
=== Década de 1960: Primeiros cuadrangulares ===
=== Anos 60 ===
O [[Sevilla Fútbol Club|Sevilla]] gañou en [[1960]] o seu terceiro título fronte ao [[Newcastle United F.C.|Newcastle]], o primeiro club inglés en disputar o torneo,<ref>{{Cita novas|data=30 de maio de 1960|título=Por 2 a 1 venció el Sevilla al Newcastle|url=http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1237695&posicion=7&presentacion=pagina|data-acceso=28 de decembro de 2020|lingua=es|xornal=[[La Noche]]|páxina=7}}</ref> e ao ano seguinte o [[Sporting de Lisboa]] derrotou ao campión francés, o [[Stade de Reims Champagne|Stade de Reims]].<ref>{{Cita novas|data=30 de xuño de 1961|título=XVI Trofeo Teresa Herrera|url=http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1238035&posicion=4&presentacion=pagina|data-acceso=28 de decembro de 2020|lingua=es|xornal=[[La Noche]]|apelidos=Henry|páxina=4}}</ref> En [[1962]] os organizadores convidaron por segunda vez ao Deportivo da Coruña, para enfrontarse ao poderoso [[Sport Lisboa e Benfica|Benfica]] de [[Eusébio]] e [[Mário Coluna]], que viña de conquistar dúas [[Liga de Campións da UEFA|Copas de Europa]] consecutivas. Nun Riazor cheo, o Deportivo despregou un gran xogo, vencendo ao equipo portugués por 4-2 con goles de [[Óscar Montalvo Finetti|Montalvo]], [[Veloso]], [[Antonio Ruiz Cervilla|Ruiz]] e [[Jaime Blanco Núñez|Jaime Blanco]].<ref>{{Cita novas|data=10 de setembro de 1962|título=El Deportivo conquistó el XVII Trofeo Teresa Herrera|url=http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1238406&posicion=5&presentacion=pagina|data-acceso=28 de decembro de 2020|xornal=[[La Noche]]|lingua=es|páxina=5}}</ref> Ao ano seguinte participou por terceira vez o [[Club de Regatas Vasco da Gama|Vasco da Gama]], sendo derrotado polo [[AS Monaco FC|Mónaco]], campión da liga e a copa francesas, con tres goles do francés [[André Hess]].<ref>{{Cita novas|data=17 de xuño de 1963|título=Mónaco 3 - Vasco de Gama, 2|url=http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1238643&posicion=5&presentacion=pagina|data-acceso=29 de decembro de 2020|lingua=es|xornal=[[La Noche]]|páxina=5}}</ref>
 
Liña 49:
Tras o fracaso da [[Trofeo Teresa Herrera 1968|edición de 1968]] na que o [[Vitória de Setúbal]] se impuxo ao [[Rapid Viena]] ante só 6000 espectadores o torneo volveu alzar o voo ao ano seguinte, disputándose por terceira vez con catro equipos e por primeira vez coa mediación de [[Fernando Torcal]], que sería clave no éxito do torneo na seguinte década.<ref>{{Cita novas|data=12 de xullo de 1975|título=Fernando Torcal|url=|data-acceso=|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=43}}</ref><ref>{{Cita novas|data=19 de agosto de 1979|título=Fernando Torcal, monopolizador del negocio futbolístico|url=https://elpais.com/diario/1979/08/19/deportes/303861610_850215.html|data-acceso=29 de xaneiro de 2021|lingua=es|xornal=[[El País]]|apelidos=Relaño|nome=Alfredo}}</ref> O favorito era o [[Bayern de Múnic]] de [[Franz Beckenbauer|Beckenbauer]] e [[Gerd Müller|Müller]], campión ese ano de liga e copa no seu país, pero o equipo alemán rematou o torneo na derradeira posición tras perder nas semifinais co [[Club Nacional de Football|Nacional de Montevideo]], o cal logo caeu á súa vez derrotado na final contra o Deportivo, que viña de eliminar na outra semifinal ao [[Olympic Charleroi]] belga cun gol na prórroga de [[Luis Suárez Miramontes|Luis Suárez]], xogador do [[Football Club Internazionale Milano|Inter de Milán]] e reforzo estrela do equipo coruñés.<ref>{{Cita novas|data=29 de xuño de 1969|título=El gran favorito quedó último|url=|data-acceso=|edición=A Coruña|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=16}}</ref><ref>{{Cita novas|data=1 de xullo de 1969|título=El Deportivo conquistó por cuarta vez el Teresa Herrera|url=|data-acceso=|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=14|edición=A Coruña}}</ref>
 
=== Década de 1970: Vitorias de Peñarol e irrupción de Juanito ===
=== Anos 70 ===
A [[década de 1970]] comezou cos triunfos do [[Ferencvárosi TC|Ferencvárosi]] e o [[Fudbalski Klub Crvena Zvezda|Estrela Vermella de Belgrado]], os dous primeiros equipos de países socialistas que participaban no torneo. Foron tamén os dous primeiros en gañar o trofeo xa co característico deseño no que se reproduce a [[Torre de Hércules]].<ref>{{Cita novas|data=26 de agosto de 1970|título=San Lorenzo - Ferencvaros en el XV Trofeo Teresa Herrera|url=|data-acceso=|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=16}}</ref> O equipo [[Hungría|húngaro]], liderado polo "emperador" [[Flórián Albert]] gañou en 1970 a primeira edición decidida na [[quenda de penaltis]], derrotando ao [[Club Atlético San Lorenzo de Almagro|San Lorenzo de Almagro]] que gañara a [[Primeira División da Arxentina|liga arxentina]] un ano e medio antes e no que xogaban futbolistas como [[Victorio Cocco|Cocco]], [[Rodolfo Fischer|Fischer]] ou o galego [[Antonio García Ameijenda|Ameijenda]].<ref>{{Cita novas|data=27 de agosto de 1970|título=El Teresa Herrera para el Ferencvaros por el sistema de penaltys|url=|data-acceso=|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=12}}</ref> Ao ano seguinte o trofeo disputouse entre o Deportivo da Coruña e o Estrela Vermella, campión da [[Primeira Liga de Iugoslavia|liga iugoslava]] en 1968, 1969 e 1970 e considerado un dos mellores equipos de [[Europa]]. Os homes de [[Arsenio Iglesias|Arsenio]] non puideron co equipo serbio que lle marcou tres goles a [[Eduardo Seoane|Seoane]], o primeiro deles obra da gran estrela do equipo, [[Dragan Džajić]].<ref>{{Cita novas|data=4 de xullo de 1971|título=El "Trofeo Teresa Herrera" marcha a Belgrado|url=|data-acceso=|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=15|apelidos=Guimaraens|nome=José María}}</ref>
 
Tras unha edición con tres equipos que gañou o [[Fútbol Club Barcelona|FC Barcelona]] adestrado por [[Rinus Michels]], en 1973 o torneo disputouse con catro equipos, formato que sería o usado en todas as edicións das seguintes décadas. A gran atracción do trofeo de [[1973]] era o [[AFC Ajax|Ajax]], campión da última liga neerlandesa e das tres últimas Copas de Europa. Completaban o cartel o [[Club Atlético de Madrid|Atlético de Madrid]], campión da liga española, e os equipos dominadores nos últimos anos das ligas húngara e checoslovaca, o [[Újpest FC|Újpest Dózsa]] e o [[FC Spartak Trnava|Spartak Trnava]]. A pesar de que o favorito era o conxunto neerlandés, no que xogaban estrelas como [[Johan Cruyff|Cruyff]] e [[Johan Neeskens|Neeskens]], estes caeron goleados 5-3 fronte ao Spartak Trnava liderado no campo por [[Jozef Adamec]], e finalmente acabaron na derradeira posición do torneo despois de perder tamén cos húngaros.<ref>{{Cita novas|data=5 de agosto de 1973|título=At Madrid - Spartak Tmava, final imprevista|url=|data-acceso=|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=17|apelidos=Álvarez|nome=Eusebio}}</ref> A final gañouna o Atlético de Madrid, que precisou dúas prórrogas para superar aos checoslovacos con goles de [[Javier Irureta]] e [[José Eulogio Gárate|Gárate]], o último deles no minuto 137 de partido.<ref>{{Cita novas|data=6 de agosto de 1973|título=Una genialidad de Gárate inclinó la balanza|url=|data-acceso=|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=13|apelidos=Álvarez|nome=Eusebio}}</ref> Ese ano comezou a entregarse tamén o trofeo ao mellor xogador do torneo, que foi parar na súa primeira edición ao húngaro [[Ferenc Bene]].<ref>{{Cita novas|data=7 de agosto de 1973|título=El mejor jugador Bene|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=13}}</ref>
 
Cruyff e Neeskens volveron a Riazor ao ano seguinte, esta vez nas filas do FC Barcelona. [[Club Atlético Peñarol|Peñarol]] foi o seu rival na primeira semifinal, na que tras unha lea Cruyff e [[Hugo Fernández]] foron expulsados.<ref>{{Cita novas|data=14 de agosto de 1974|título=Peñarol (1-0) venció al Barcelona|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1264267&posicion=20&presentacion=pagina|data-acceso=2 de marzo de 2021|lingua=es|xornal=[[El Pueblo Gallego]]|páxina=20}}</ref> O equipo uruguaio, liderado por [[Fernando Morena]],<ref>{{Cita novas|data=16 de agosto de 1974|título=Morena, elegido el mejor jugador del Teresa Herrera, se adjudicó el Trofeo Vinos C.V.N.E|url=|data-acceso=|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=39}}</ref> acabou por gañar ese partido e tamén a final, onde derrotaron ao [[Borussia Mönchengladbach]] despois de remontar os dous goles iniciais de [[Jupp Heynckes]].<ref>{{Cita novas|data=16 de agosto de 1974|título=El Peñarol campeón del Teresa Herrera|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1264269&posicion=14&presentacion=pagina|data-acceso=2 de marzo de 2021|lingua=es|xornal=[[El Pueblo Gallego]]|páxina=14}}</ref>
 
== Finais ==