Diferenzas entre revisións de «Soiuz 4»

m
→‎Características: Ligazón interna
m (→‎Características: Ligazón interna)
m (→‎Características: Ligazón interna)
 
== Características ==
Soyuz 4, unha Soiuz modelo [[Soiuz 7K-OK|7K-OK]] co [[cosmonauta]] [[Vladimir A. Shatalov]] a bordo, foi unha nave lanzada para acoplarse coa [[Soiuz 5]] no que sería o primeiro acoplamento soviético no espazo simulando un acoplamento en órbita luar. A Soiuz 5 foi lanzada o día seguinte á Soiuz 4, con [[Boris Volynov]], [[Ievgeni Khrunov]] e [[Aleksei Yeliseyev]] a bordo. Tras sincronizar as [[órbita]]s as naves comezaron o achegamento automático o 16 de xaneiro ás 13:37 [[GMT]] ata que estiveron a 100 m de distancia, momento no que Shatalov tomou o control manual da nave e se acoplou suavemente no primeiro intento coa Soiuz 5. Khrunov e Yeliseyev, en [[traxe espacial]], saíron da súa cápsula e entraron na Soiuz 4 mentres Volynov se quedaba como único tripulante da 5. Tras 4 horas e 35 minutos acopladas, a Soiuz 4 separouse da 5 e comezou o regreso á [[Terra]] cos tres cosmonautas a bordo. A cápsula tripulada aterrou o 17 de xaneiro ás 6:51 GMT a uns 100&nbsp;km ao suroeste de [[Karaganda]], en [[Casaquistán]]. A Soiuz 5 fixo un regreso máis accidentado ao día seguinte.<ref name=NSSDC/><ref name=UNOOSA/><ref name=claude/><ref name=gunter/>
 
== Notas ==
10.369

edicións