Liña de alta velocidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axuste de lingua.
Liña 4:
 
==Características==
Os trazados destas liñas requiren unhas condicións especiais. Os rieisraís teñen que ser cando menos de 60 kg/m para evitar deformacións, e deben ter unha soldadura continua en lugar de estar unidos por [[eclisa]]s; deste xeito evítase o troupeleo. As curvas teñen que ser de radio alto para evitar excesivas forzas centrífugas que incomoden os pasaxeiros. Nos primeiros trazados esta limitación era de curvas dun mínimo de 4 quilómetros de radio, actualmente a limitación está en radios de 7 km para poder circular a velocidades de 350 km/h, tamén debe haber [[balastro]] a máis profundidade para que os carrís poidan soportar mellor as forzas e para mellorar a comodidade dos usuarios.
 
Os [[túnel]]es teñen que ter un maior [[diámetro]] para evitar os cambios bruscos de [[presión]] ao entrar e saír deles. A electrificación da [[catenaria]] ten que ter unha maior tensión cós trazados convencionais, para poder cubrir as necesidades enerxéticas dos trens de alta velocidade, próximas aos 9000 [[watt|kW]]. Todo o percorrido debe estar valado para evitar o paso de animais ou persoas, sen pasos a nivel, e as pontes deben ter sensores para detectar se caen obxectos nas vías.