Diferenzas entre revisións de «Wolfgang Amadeus Mozart»

A casa natal de Mozart atópase na rúa [[Casa natal de Wolfgang Amadeus Mozart|Getreidegasse núm. 9]] da cidade de Salzburgo. Trátase dunha casa que actualmente conta cunha gran cantidade de obxectos da época e instrumentos que pertenceron a Mozart durante a súa nenez. É un dos lugares máis visitados de Salzburgo e unha especie de santuario para músicos e afeccionados á música de todo o mundo.<ref>{{Cita web | url=http://www.visit-salzburg.net/sights/mozartbirthandlivingplace.htm | título=Mozart Birthplace and Mozart Living Place | dataacceso=24-12-2012| lingua=inglés}}</ref>
 
O seu pai Leopold era violinista, compositor, e daba clases de música.<ref>{{Cita enciclopedia |url=https://www.britannica.com/biography/Leopold-Mozart |título=Leopold Mozart |enciclopedia=[[Encyclopædia Britannica]] |dataacceso=23 de decembro de 2020 |lingua=en}}</ref> OEn [[1743]] Leopold fora nomeado cuarto violinista do conde [[Leopold Anton von Firmian]], o [[Principado-arcebispado de Salzburgo|Príncipe-Arcebispo de Salzburgo]].{{harvnp|Eisen}} Castro anos despois casou con Anna Maria en Salzburgo. Leopold converteuse en ''[[Mestre de capela|Kapellmeister]]'' adxunto da orquestra en [[1763]]. Durante o ano do nacemento de Wolfgang publicou un exitoso tratado para a interpretación do violín titulado ''[[Versuch einer gründlichen Violinschule]]'' (en galego: ''Tratado completo sobre a técnica do violín'').<ref>{{Cita web |url=https://www.loc.gov/item/08016375/ |título=Versuch einer gründlichen Violinschule, entworfen und mit 4 Kupfertafeln sammit einter Tabelle versehen von Leopold Mozart |editorial=[[Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América]] |dataacceso=23 de decembro de 2020 |lingua=en}}</ref>{{Harvnp|Solomon|1995|p=32}} Despois do nacemento de Wolfgang abandonou todo, salvo as tarefas propias do seu cargo, para dedicarse de xeito exclusivo á formación do seu fillo e da súa irmá Nannerl, que tamén cedo manifestou extraordinarias dotes musicais, aínda que demostrou clara preferencia por Wolfgang ao que considerou un milagre divino. Parece correcto que boa parte do profesionalismo que Wolfgang veu a exhibir na súa madurez se debeu á rigorosa disciplina imposta polo seu pai. FoiAos esixentecatro comoanos recibe leccións de música do seu pai. eEn [[1759]] Leopold compilara un volume de composicións elementais para a aprendizaxe da súa filla, coñecido como profesor''[[Nannerl Notenbuch]]'', que tamén serviu como manual didáctico para seu irmán. Neste volume Leopold anotou as primeiras composicións de Mozart, datadas de 1761, um o ''Andante para teclado en do maior'', [[Catálogo Köchel da obra de Mozart|''Köchel Verzeichnis'' (KV 1a)]], e o ''[[Allegro]] para teclado en todo momentomaior'' estivo(KV ao1b), tantomais daé formaciónimposible determinar ata que punto son obras integras de Mozart ou se contan con achegas paternas.{{Harvnp|Sadie|1988|pp=4-5}}{{Harvnp|Cavett-Dunsby|1996|pp=228-229}} Tamén existe debate sobre se Wolfgang tiña catro ou cinco anos cando compuxo estas primeiras obras, para[[Catálogo guialoKöchel|K.]] como1–5, homese eben comohai artistapoucas dúbidas respecto a que compuxo as súas tres primeiras pezas con poucas semanas de diferenza entre elas: K. 1a, 1b, and 1c.<ref>{{IMSLP|Mozart, Wolfgang Amadeus|Andante in C major, K. 1a}}{{IMSLP|Mozart, Wolfgang Amadeus|Allegro in C major, K. 1b}}{{IMSLP|Mozart, Wolfgang Amadeus|Allegro in F major, K.1c}}</ref>
 
Nannerl e Wolfgang Amadeus mostraron desde moi pequenos facultades para a [[música]]. Nannerl comezou a recibir clases de [[Teclado (instrumento musical)|teclado]] co seu pai cando tiña sete anos e o seu irmán, catro anos e medio máis novo que ela, mirábaa evidentemente fascinado. Anos logo da morte do seu irmán ela rememorou:
{{cita|''A miúdo pasaba moito tempo no teclado, elixindo [[terceira]]s, que a el sempre lle sorprendían e mostraba con pracer que o son gustáballe. [...] No seu cuarto ano de idade, o seu pai comezou a ensinalo, como un xogo, a interpretar uns [[minueto]]s e outras pezas no teclado. [...] Podería tocalo impecablemente e coa maior delicadeza e mantendo exactamente o ''[[tempo]]''. [...] á idade de cinco anos xa compoñía pequenas pezas, que interpretaba para o seu pai, ao que estaban dedicadas''.<ref name="Deutsch" />}}
[[Ficheiro:Wolfgang-amadeus-mozart 2.jpg|miniatura|Retrato de Wolfgang Amadeus Mozart pintado por encargo de [[Leopold Mozart]] en [[1763]]. O autor é descoñecido aínda que posiblemente fora [[Pietro Antonio Lorenzoni]].]]
 
Entre esas pequenas pezas atópanse o ''Andante para teclado en do maior'', [[Catálogo Köchel da obra de Mozart|''Köchel Verzeichnis'' (KV 1a)]], e o ''[[Allegro]] para teclado en dó maior'' (KV 1b).
 
Aos catro anos recibe leccións de música do seu pai, Leopold, e xa tocaba o [[clavicordio]], e aos cinco escribe as súas primeiras obras, aos seis, tocaba con destreza o [[Clavicémbalo|clavecín]] e o [[violín]]. Con oito compón as primeiras [[sinfonía]]s e con doce as [[ópera]]s. Podía ler música a primeira vista, tiña unha memoria prodixiosa e unha inesgotable capacidade para improvisar frases musicais.
 
Definitivamente W. A. Mozart foi un neno prodixio por excelencia, como compositor e como intérprete. O seu proxenitor era un home intelixente, orgulloso e relixioso. Cría que os dons musicais do seu fillo eran un milagre divino que el, como pai, tiña a obrigación de cultivar.<ref>[[#Sadie|Sadie]], p. 33</ref> Cando o neno ía cumprir 6 anos de idade, Leopold decidiu exhibir os dotes musicais dos seus fillos ante as principais cortes de Europa. Segundo os primeiros biógrafos de Wolfgang, o seu pai «quixo compartir co mundo o milagroso talento do seu fillo...». Leopold creu que proclamar este milagre ao mundo era un deber cara ao seu país, o seu príncipe e o seu Deus, polo que tiña que mostralo á [[Clase alta|alta sociedade]] europea, xa que doutro xeito el sería a criatura máis ingrata.<ref>[[#Sadie|Sadie]], pp. 34-36</ref>
31.810

edicións