Arión (cabalo): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
outros homónimos
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 4:
Conta a lenda que cando a deusa Deméter andaba polo mundo adiante buscando á súa filla [[Perséfone]], que fora raptada por [[Hades]], ía seguida por Poseidón, namorado e obsesionado con ela. Para escapar deste acoso, Deméter converteuse en [[cabalo|egua]] e ocultouse nunha eguada do rei [[Onco]] (en [[Telpusa]], na [[Arcadia]] <ref>Grimal, s. v. ''Arión''; Ovidio e Pausanias. Para Pseudo-Apolodoro, tomara a forma dunha [[Erinias|Erinia]].</ref>). Esta camuflaxe foi inútil á hora de evitar ó deus, porque este, transformado en semental, terminou cubríndoa.
 
{{cita|"''Tamén a ti, Neptuno, ... te sentiu a de loiros cabelos, a dulce nai das méses''".|(Ovidio VI, 115-118 <ref>Deméter é a deusa da agricultura, denominada Ceres na mitoloxía romana.</ref>)}}
 
Desta unión naceu unha filla, só coñecida como "''A Ama''" ou "''A Señora''" e cuxo nome non se debía pronunciar, e mailo cabalo Arión.
Liña 12:
{{cita|"''Tan só a Adrasto o salvou o seu cabalo Arión, o que enxendrara Poseidón de Deméter, cando ela durante o coito tomara a aparencia dunha Erinia''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' III, 6, 8)}}
 
Antes de pertencerllepertencer a Adrasto, os donos de Arión foron o rei Onco, en cuxas eguadas naceu, e o mesmo [[Heracles]]. Cando Heracles marchaba contra a [[Élide (rexión histórica)|Élide]] parou en Arcadia e pediulle o cabalo a Onco, e así puido conquistar [[Elis]].
 
A lenda pretende explicar a teoría de que Poseidón foi o creador do cabalo, aínda que xa a nai, [[Rea (deusa)|Rea]], déralle a comer a [[Cronos]] un poldro, para salvar a Poseidón acabado de nacer, pois o pai, Cronos, ía comendo a tódolos fillos que ía tendo Rea. O que si é certo é que os cabalos lle están consagrados a el, e que creou as carreiras de cabalos.