Satakunnansilta: Diferenzas entre revisións

ponte da cidade de Tampere
Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Coordenadas|61|29|53|N|23|45|39|E|display=title}} {{Ponte |imaxe=Satakunnansilta 2018.jpg |tamaño_imaxe=250px |pé=O Satakunnansilta dende a beira oriental do Tammerkoski..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 1 de marzo de 2021 ás 17:56

Coordenadas: 61°29′53″N 23°45′39″L / 61.49806, -23.76083

O Satakunnansilta (en galego Ponte de Satakunta) é unha ponte situada no centro da cidade de Tampere (Finlandia), cruzando o Tammerkoski. A ponte forma parate da rúa Satakunnankatu e é empregada tanto como para tráfico rodado como para peóns.

Satakunnansilta
O Satakunnansilta dende a beira oriental do Tammerkoski.
Localización
RíoTammerkoski
ConcelloTampere
ProvinciaPirkanmaa
PaísFinlandia Finlandia
Características
Construción1900
Lonxitude127 m
Ancho12 m
TipoArco
MaterialPedra

A ponte de pedra conta con seis arcos de 17 metros. A ponte ten 11,75 metros de ancho e unha lonxitude de 112,6 metros.[1]

Historia

Pequena ponte

Antes da construción do Satakunnansilta existía no mesmo lugar outra ponte chamada Pikkusilta (en galego Pequena ponte) e construída en 1858. Era unha ponte de madeira estreita feita só para camiñar. A ponte foi construída para facilitar o paso ás persoas que traballaban na fábrica. Tiña dúas partes e pasaba por Konsulinsaari. A parte occidental da ponte comezaba no mesmo lugar que a ponte actual e descendía abruptamente ata Konsulinsaari. A parte oriental estaba próxima á superficie da auga e o seu punto final estaba próximo á factoría de Tampella. Estaba tan próximo á auga que cando o Tammerkoski medraba en primavera non se podía cruzar a ponte cos pés secos. Foi a segunda ponte sobre o Tammerkoski. Daquela a ponte que estaba situada no lugar que actualmente ocupa Hämeensilta era coñecida co nome de Isoksisillaksi.[2]

Construción de Satakunnansilta

Entre 1870 e 1900 a área de Tampere triplicouse e a súa poboación multiplicouse por cinco. Ao mesmo tempo tamén se incrementou o volume de tráfico e a construción dunha nova vía de entrada converteuse nuun tema de interese e actualidade. A ponte foi deseñada polo enxeñeiro Karl Snellman.[3] Foi construída entre 1897 e 1900 e inaugurada o 9 de outubro de 1900.[2] Cando se finalizou a súa construción en 1900 a ponte cubriu unha gran parte da Konsulinsaari. Ao mesmo tempo bloqueouse o acceso á illa e as operacións do restaurante finalizaron.[2]

Renovación da ponte

En 2013 as barandas da ponte renováronse ao deseño orixinal,[4] e en 2014 as farolas reemprazáronse co deseño orixinal.[5]

thumb|1000px|centre

Notas

  1. Huura, Jorma (5 de decembro de 2011). "Suomen siltojen historia" (en finés). Tampereen suomalainen klubi. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2016. Consultado o 1 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Rundgren, Essi (29 de setembro de 2016). "Kahvila väistyi Satakunnansillan tieltä, eikä palaa". Aamulehti, Moro (en finés). pp. 10–11. 
  3. Kellomäki, Pertti. "Satakunnansilta" (en inglés). A Glimpse to the History of Tampere. Consultado o 1 de marzo de 2021. 
  4. Tammerkosken takomo
  5. Modelo:Verkkoviite