Diferenzas entre revisións de «Lydia Cacho»

m
Ligazóns
m (Candidatura Premio Jose Couso)
m (Ligazóns)
{{Biografía}}
'''Lydia Cacho Ribeiro''', nada o [[12 de abril]] de 1963 na [[Cidade de México]], é unha [[xornalista]] [[México|mexicana]], activista [[Feminismo|feminista]] e defensora dos [[dereitos humanos]].<ref name="bio">[http://www.writers.net/writers/40163 ''Lydia Cacho Ribeiro''] biografía breve en Writers.Net</ref>
 
== Traxectoria ==
Comezou a súa carreira na sección cultural do xornal, ''Novedades de Cancún'', e uns anos despois comezou a publicar artigos sobre a [[prostitución]] de nenas arxentinas e cubanas na cidade de [[Cancún]], que é un destino moi frecuente para estudantes americanos durante as vacacións de primavera. En [[2003]], no xornal ''Por Esto'', escribiu artigos sobre [[Abuso sexual infantil|abusos sexuais cometidos contra menores]].
 
No seu libro, ''Los Demonios del Edén'', denuncia a [[Pedofilia|mafia pederasta]] en México, na que participan varias figuras públicas, incluído Jean Succar Kuri, filmado por unha cámara oculta.<ref>[http://www.elsemanaldigital.com/blog.asp?idarticulo=52459&mes=6&ano=2006 ''Lydia Cacho, en España''] en ''El Semanal Digital''(2006)</ref> Tamén acusa a Emilio Gamboa Patrón, Miguel Ángel Yunes e Kamel Nacif Borge de traballar para tratar de cubrir a Kuri. Nacif Borge demándaa por difamación. Mentres tanto, é arrestada e despois extraditada dun estado a outro sen ser acusada de ningún cargo. Finalmente será liberada despois do pago dunha [[multa]].
O 14 de febreiro de 2006, varias conversas telefónicas entre Nacif Borge e o gobernador do estado de Puebla, Mario Marín, son publicadas por ''La Jornada'', un diario da [[Cidade de México]]. Revelan conversas que tiveron lugar antes da detención de Lydia Cacho entre Marín e Nacif Borge nas que planifican a detención do xornalista, así como varias malleiras físicas que tería que sufrir no [[cárcere]] para silenciala.<ref>[http://www.eluniversal.com.mx/notas/330852.html ''Exige PRD renuncia a gobernador por caso Lidia Cacho''] en ''El Universal''.</ref> A publicación destas conversas creou un gran rebumbio nos medios mexicanos e tamén o interese público. O 29 de novembro de 2007, o Tribunal Supremo mexicano, o máximo órgano xudicial do país, decide, por 6 votos contra 4, que Marín non podería ser responsábel da detención de Cacho nin da intimidación que sufriu.<ref>[https://www.nytimes.com/2007/11/30/world/americas/30mexico.html?_r=1&ref=world&oref=slogin ''Mexican Court Finds No Violation of Rights in Jailing of Journalist''] en o ''[[New York Times]]'', 30 de novembro de 2007.</ref> <ref>[https://www.lemonde.fr/web/article/0,1-0@2-3222,36-986040,0.html L'épilogue judiciaire de l'"affaire Lydia Cacho" scandalise les Mexicains], ''[[Le Monde]]'', 5 de decembro de 2007</ref>
 
[[Exilio|Exiliouse]] en [[España]] en 2021, temendo pola súa vida en México.<ref>{{Cita web|url=https://www.humanite.fr/mexique-lydia-cacho-journaliste-condamnee-lexil-699097}}</ref>
 
== Obras ==
10.684

edicións