Nikolai Rimskii-Korsakov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Viascos (conversa | contribucións)
m →‎Óperas: erro menor
Liña 180:
| formato3 = [[Ogg]]
}}
O musicólogo [[Gerald Abraham]] escribiu sobre Rimskii-Korsakov que, malia ser máis coñecido en occidente polas súas obras orquestrais, as súas óperas son moito máis complexas; ofrecen unha maior variedade de efectos orquestrais que as súas obras instrumentais, así como refinados papeis para voz.{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:32}} Os temas tratados cobren dende melodramas históricos (''[[Tsarskaia nevesta]]'', traducible como ''A noiva do tsar'') ata óperas baseadas en temas folclóricos (''[[Maiskaia noch]]'', traducible como ''A noite de maio''), [[conto de fadas|contos de fadas]] e [[lenda]]s (''[[Snegurochka-Vesenniaia skazka]]'' -traducible como ''A doncela de neve''-, ''[[Kashei bessmertnyi]]'' -traducible como Kashei, o inmortal-, ''[[Skazka o tsare Saltane]]'' -traducible como ''O tsar Saltan''-).{{Harvnp|Maes|2002|pp=176–180}} Sobre tal variedade Rimskii-Korsakov escribiu ao respecto en [[1902]]: «en cada nova obra que creo tento facer algo que é novo para min. Por un lado, incítame o feito de pensar que deste xeito, [a miña música] manterá a frescura e seguirá sendo interesante, mais ao mesmo tempo impúlsame o orgullo de pensar que moitsmoitas facetas, técnicas, ambientes e estilos, se non todos, deberían estar ao meu alcance».{{Harvnp|Frolova-Walker|2001|p=21:405}}
 
A música de Rimskii-Korsakov frecuentemente carece de forza dramática, un defecto ao parecer fatal para un compositor operístico.{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:33}} Isto pode ter sido, con todo, realizado deliberadamente, xa que Rimskii-Korsakov reiteradamente expresaba nas súas partituras que sentía que as óperas eran principalmente obras musicais antes de dramáticas. Ironicamente, as óperas tiveron éxito na maioría dos casos por ser deliberadamente non dramáticas.{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:33}} Con este fin deseñou unha dobre linguaxe musical [[escala diatónica|diatónica]] e lírica ao estilo da música popular rusa para as «verdadeiras» personaxes humanas e [[escala cromática|cromática]], música artificial para os seres máxicos «irreais» ou «fantásticos».{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:33}} [[Harold C. Schonberg]] expresouno do seguinte xeito: «[as óperas de Rimskii-Korsakov] abren un delicioso mundo novo, o da Rusia Oriental, o do sobrenatural e o exótico, o do panteísmo eslavo e de razas desaparecidas. Infúndeas unha poesía xenuína e están orquestradas con brillantez e cheas de recursos».{{Harvnp|Schonberg|1997|p=364}}