Chico Marx: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Traducido de en:Chico Marx
 
Jglamela (conversa | contribucións)
Retiro en uso
Liña 1:
{{en uso}}
{{biografía}}
'''Leonard Joseph "Chico" Marx''', nado en [[Nova York]] o [[22 de marzo]] de [[1887]] e finado en [[Hollywood]] o [[11 de outubro]] de [[1961]], foi un cómico, músico e actor [[Estados Unidos de América|estadounidense]].<ref name=NYTobit>{{cita novas|title=Chico Marx, Stage and Film Comedian, Dies at 70. Oldest of 5 Brothers Took Role of Italian Piano Player. Team Business Manager|url=http://timesmachine.nytimes.com/timesmachine/1961/10/12/101477032.html?pageNumber=29 |access-date=12 de agosto de 2016|newspaper=New York Times|date=12 de outubro de 1961|page=29}}</ref> Foi membro dos [[irmáns Marx]] (con [[Groucho Marx|Groucho]], [[Harpo Marx|Harpo]] e [[Zeppo Marx|Zeppo]]). A súa personaxe era a dun artista encantador, inculto mais astuto, aparentemente de orixe rural [[pobo italiano|italiana]], que levaba roupa cutre e lucía unha perruca de pelo rizado e un [[sombreiro tirolés]]. Na pantalla, Chico adoitaba estar en alianza con Harpo, normalmente como compañeiros de delito, e tamén se vía con frecuencia intentando eliminar ou superar a Groucho. Leonard era o máis vello dos irmáns Marx que sobreviviu á infancia (o primoxénito Manfred Marx falecera de neno). Ademais do seu traballo como intérprete, desempeñou un papel importante na xestión e desenvolvemento do acto nos seus primeiros anos.