Béthune: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 111:
==== Primeiro terzo do século XX ====
A finais do século XIX Outrebon creou na vila a fábrica de reloxos de igual nome e en 1906 abriu unha fábrica de pesaxe industrial, Aequitas<ref>{{cita publicación periódica|url= http://www.france-intec.asso.fr/IMG/pdf/technologie_178.pdf| autor= Cocquerelle, André-Pierre|título = Histoire du pesage:Le pesage. Une histoire de familles | |ano=xuño de 2017| obra= Le monde de la technologie|número=178||páxina=4 }}</ref>. Foi unha época de modernización: dotouse dun novo hospital en 1907, dunha oficina de correos en 1910 e dun teatro en 1912 e desenvolvéronse as redes de saneamento, electricidade e de auga corrente.
 
A [[Primeira Guerra Muncial]] resultou na destrución de case a metade da localidade aínda que o exército alemán non chegou a ocupala durante o conflito. O presidente do consello, [[Georges Clemenceau]] visitouna, canda outros concellos próximos á fronte, o 25 de febreiro 1918<ref>''Cent ans de vie dans la région'', Tome II ː 1914-1939, ''[[La Voix du Nord]]'' 17 de febreiro de 1999, páxina 41</ref>. O 12 de abril de 1918, as forzas alemáns achéganse a Béthune, e o subprefecto Adrien Bonnefoy-Sibour ordenou a súa evacuación, o consello municipal estableceu a súa sede en [[Berck, Paso de Calais|Berck-sur-mer]]<ref>[http://www.cheminsdememoire-nordpasdecalais.fr/typo3conf/ext/in_road/dl.php?uid=17&type=instruction&filename=Bethune-a-l-heure-anglaise_BD.pdf Béthune à l'heure anglaise], Chemins de mémoire du Nord Pas-de-Calais, páxina 5}}</ref>. Os alemáns bombardean o centro da vila o 20 de maio de 1918 durante catro horas, o que rematou na súa case total destrución bardante o beffroi<ref name="VDN">{{cita libro|autor=Christian Vincent|capítulo=Reconstruire la ville sous un tas de gravats|título=Cent ans de vie dans la région - Tome 2 - 1914-1939 : Martyre et résurrection|editor=[[La Voix du Nord]]|ano=1999|páxinas=24-25}}</ref>.
 
A limpeza das ruínas polos prisioneiros alemáns durou ata finais do ano 1919 mentres os 12 000 habitantes de Béthune vivían onde podían, en especial nos sotos e adegas e aproveitando os cascallos para reconstruír a cidade. Logo da guerra, o concello recibiu en decembro de 1919 do presidente francés, [[Raymond Poincaré]], a Lexión de honor<ref name="VDN"/>.
 
== Notas ==