Cigurat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 5:
A función dos cigurats eran de servir de soporte icónico ás "vodas sagradas", a cerimonia de unión da divindade coa humanidade a través do rei. O mobiliario era un podio e un altar, [[Heródoto]] menciona un leito (o podio) luxoso e unha mesa (Altar) de ouro. Os cigurats levantábase no centro dos recintos sagrados ou "templo" (non era un edificio senón un conxunto deles) pero a estatua da divindade atopábase noutro edificio, unha pequena cela onde recibía os coidados dun sacerdote especializado (xa que incumplir algún ritual podía supoñer a cólera do deus que enviaría unha peste, temporal, invasores etc.) onde recibía ofrendas, estatuíñas votivas etc. A maioría dos cigurats desapareceron convertidos en outeiros de ladrillos de barro, ou deixando un "negativo" en forma de tixola cadrada.
 
O centro do cigurat facíase de [[ladrillo]]s de[[adobe]] cocidos ao sol, o exterior da construción mostraba adornos de ladrillos cocidos. Os adornos normalmente eran vitrificados en cores diferentes, posibelmente contendo significado [[cosmoloxía|cosmolóxico]]. O acceso ao templo, situado no cumio do cigurat, facíase por unha serie de ramplas construídas no flanco da construción ou por unha rampla en forma de [[espiral]] que subía dende a base ata o cume do edificio. Os exemplos máis antigos de cigurats datan do final do terceiro milenio a. C., encantoen canto os máis tardíos, do [[século -VI|século VI a. C.]], e algúns dos exemplos máis notábeis desas estruturas inclúen as ruínas da cidade de [[Ur]] e de [[Khorsabad]] na [[Mesopotamia]].
 
A idea que se ten de que servían como lugar de idolatría ou cerimonias públicas, con todo, non é correcta. En [[Mesopotamia]] acreditábase que eran a morada dos [[deus]]es. A través dos cigurats as divindades colocaríanse preto da [[humanidade]], razón pola cal cada cidade adoraba seu propio deus ou deusa. Alén diso, só os [[sacerdote]]s podían entrar no cigurat, e era deles a responsabilidade de coidar da adoración aos deuses e facer que atendesen as necesidades da comunidade. Naturalmente os sacerdotes gozaban dunha reputación especial na sociedade [[sumeria]].