Comuna de París: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Ou ponto ou artigo enlazando (engado artigo)
→‎O alzamento e natureza da Comuna: Calendario republicano francés
Liña 33:
O Concilio terminou co illamento e substituíu o exército convencional cunha Garda Nacional de todos os cidadáns que podían portar armas. A lexislación proposta separaba a igrexa do estado, facía que todas as propiedades da igrexa pasasen a ser propiedade estatal, e excluía a relixión das escolas. Permitíuselles ás igrexas seguir coa súa actividade relixiosa só se mantiñan as súas portas abertas ao público pola tarde para que se realizasen reunións políticas. Isto fixo das igrexas o principal centro político participativo da Comuna. Outra lexislación proxectada trataba de reformas educativas que permitirían que a educación e a práctica técnica fosen dispoñíbeis para todo o mundo.
A Comuna adoptou durante a súa breve existencia o anteriormente descartado [[Calendario republicano francés|calendario da I República Francesa]], así como a [[bandeira vermella]] no canto da tricolor.
 
A carga de traballo foi facilitada por varios factores, aínda que se esperaba dos membros do concilio (que non eran «representantes» senón «delegados» e podían ser inmediatamente cambiados polos seus electores) que realizasen algunhas funcións executivas á parte das lexislativas. As numerosas organizacións ad hoc estabelecidas durante o asedio nos barrios («quartires») para satisfacer as necesidades sociais (cantinas, estacións de primeiros auxilios etc.) continuaron crecendo e cooperando coa Comuna.