Béthune: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 77:
Os primeiros vestixios de habitación humana datan dos séculos VI e VII. Contra o ano [[502]], [[Vedasto de Arras]], bispo de Arras e evanxelizador do Artois mandou edificar unha igrexa dedicada á Virxe na confluencia do Lawe e o Blanche, no lugar denominado Catorive que se consagrou no século X a San Vedasto (Vaast en neerlandés e picardo). Na época de Carlomagno a rexión de Béthune contaba con entre 4 e 5 000 habitantes<ref>{{cita libro|autor=Derville, Alain|título=Histoire de Béthune et de Beuvry|lugar=Dunkerque|editorial=Westhoek, Éditions des Beffrois|ano=1985|páxina=26}}</ref>.
 
==== O señorío de Béthune ====
O señorío de Béthune menciónase nos rexistros por primeira volta no ano [[940]], situado no noroeste da antiga ''[[civitas]]'' dos [[atrebates]] probablemente quedou sometido á autoridade dos [[Condado de Flandres|condes de Flandres]] despois do reinado de [[Arnulfo I de Flandres|Arnulfo o Grande]] e ata o século XIV <ref name="2vo">{{cita libro|autor=[[Léon Vanderkindere|Vanderkindere, Léon]] |título=La Formation territoriale des principautés belges au Moyen Âge |volume=I |editorial=H. Lamertin |lugar=Bruxelles |ano=1981 [1902]|páxinas=251-252}}</ref>. A primeira mención do castelo de Béthune é do ano 970.
 
Liña 86:
En 1245 o conde de Flandres, [[Guido I de Flandres|Guido]] casou con Matilda de Béthune, filla de Roberto VII e ao este morrer sen fillos varóns en 1265 os seus dominios pasaron ao herdeiro de Guido e Matilda, o futuro [[Roberto III de Flandres]]<ref name="2vo"/>. En [[1297]] Guido aliouse con rei inglés [[Eduardo I de Inglaterra|Eduardo]] nun desafío ao rei francés [[Filipe IV de Francia|Filipe]] e este respondeu coa anexión de Flandres ao [[Dominio real francés|dominio real]], neste contexto bélico Béthune, situada polos exércitos reais, foi a primeira vila do Artois en se someter ao rei francés malia ser o herdeiro do conde de Flandres o seu señor<ref>{{cita libro|autor=Cornet, Édouard|título=Histoire de Béthune|volume=1|editorial=A. David|ano=1892|páxina=94}}</ref>.
 
==== Dominio francés ====
 
 
=== Dominio francés ===
Á morte de Guido en 1305 os franceses liberan ao seu herdeiro, Roberto III que polo tratado de Athis, tamén dese ano, deu en garantía<ref>{{cita libro|autor= Platelle, Henri e Clauzel, Denis|título=Histoire des provinces françaises du Nord|volume= 2: Des principautés à l'empire de Charles Quint (900-1519)|ano= 1988|páxina=111|editorial=Westhoek-Editions}}</ref>Béthune, canda Lille e Douai, ao rei francés. Ao casar o segundo fillo do rei [[Filipe V de Francia|Filipe de Poitiers]] coa filla da condesa [[Matilde de Artois]] e o dote desta princesa establecida no [[Franco Condado]] excedía a cifra da renda que se conviñera, o rei, como compensación, entregoulle a castelanía de Béthune a Matilde en 1311. En 1312 asinouse o tratado de Pontoise polo que o sur do condado de Flandres, onde se atopaba Béthune malia o tratado non o mencionar, pasou a dominio real francés<ref name="2vo"/>. En 1329 coa morte de Matilde o condado de Artois, e con Béthune, pasou a [[Xoana II de Borgoña]].