Diferenzas entre revisións de «Nikolai Rimskii-Korsakov»

Rimskii-Korsakov foi especialmente apreciado dentro dos Cinco e por todos aqueles que visitaban o círculo, debido ao seu talento como orquestrador.{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:28}} Balakirev pediulle que orquestrara unha marcha de [[Franz Schubert]] para un concerto en maio de [[1868]]; de Cui, a súa ópera ''[[Villiam Ratcliff (Cui)|Villiam Ratcliff]]'' e de [[Aleksandr Dargomizhskii]], cuxas obras eran moi apreciadas polos Cinco e estaba a piques de falecer, a súa ópera ''[[Kamennii gost]]''.{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:28}}
 
No outono de [[1871]], Rimskii-Korsakov trasladouse ao anterior apartamento do seu irmán Voin e invitou a Musorgskii a que fora o seu compañeiro de habitación. Chegaron a un acordo de traballo que consistía en que Musorgskii empregaba o piano polas mañás, mentres que Rimskii-Korsakov traballaba copiando ou orquestrando. Cando o seu compañeiro de habitación marchaba para realizar o seu traballo de funcionario civil ao medio día, o piano quedaba a disposición de Rimskii-Korsakov. O tempo polas tardes distribuiuse de mutuo acordo.{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:28}} «Ese outono e inverno os dous chegamos a un bo acordo», escribe Rimskii-Korsakov, «cun intercambio constante de ideas e proxectos. Musorgskii compuxo e orquestrou o acto polaco de ''[[Boris Godunov (ópera)|Boris Godunov]]'' e a escena popular "Cerca de Kromy". Eu orquestrei e rematei a miña ''[[Pskovitianka]]''» (traducible como ''A dama de Pskov)''.{{Harvnp|Rimsky-Korsakov|1942|p=123}}
 
=== Catedrático, matrimonio e inspector de bandas ===
31.842

edicións