Diferenzas entre revisións de «Nikolai Rimskii-Korsakov»

A música de Rimskii-Korsakov frecuentemente carece de forza dramática, un defecto ao parecer fatal para un compositor operístico.{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:33}} Isto pode ter sido, con todo, realizado deliberadamente, xa que Rimskii-Korsakov reiteradamente expresaba nas súas partituras que sentía que as óperas eran principalmente obras musicais antes de dramáticas. Ironicamente, as óperas tiveron éxito na maioría dos casos por ser deliberadamente non dramáticas.{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:33}} Con este fin deseñou unha dobre linguaxe musical [[escala diatónica|diatónica]] e lírica ao estilo da música popular rusa para as «verdadeiras» personaxes humanas e [[escala cromática|cromática]], música artificial para os seres máxicos «irreais» ou «fantásticos».{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:33}} [[Harold C. Schonberg]] expresouno do seguinte xeito: «[as óperas de Rimskii-Korsakov] abren un delicioso mundo novo, o da Rusia Oriental, o do sobrenatural e o exótico, o do panteísmo eslavo e de razas desaparecidas. Infúndeas unha poesía xenuína e están orquestradas con brillantez e cheas de recursos».{{Harvnp|Schonberg|1997|p=364}}
 
Os fragmentos e suites das óperas de Rimskii-Korsakov demostraron ser tan populares en Occidente como as obras puramente orquestrais. O máis coñecido destes fragmentos é, probablemente, ''Polet shmelia'' ou ''[[O voo do moscardo]]'' da ópera ''Skazka o tsare Saltane'', xa que son programados con frecuencia en concertos orquestrais, e téñense feito innumerables arranxos e transcricións, sendo a máis famosa a versión para piano do compositor ruso [[Sergei Rachmaninov]]. Outras pezas familiares ao oído occidental son a ''Danza dos Acróbatas'' de ''Snegurochka-Vesenniaia skazka'', a ''Procesión dos nobres'' de ''[[Mlada (Rimskii-Korsakov)|Mlada]]'' e a ''Canción do mercador indio'' (ou, con menos repercusión, ''Canción india'') de ''[[Sadko (Rimskii-Korsakovópera)|Sadko]]'', así como as suites de ''[[Zolotoi Petushok]]'' (traducible como ''O galo de ouro'') e ''[[Skazanie o nevidimom grade Kitezhe i deve Fevronii]]'' (traducible como ''A cidade invisible de Kitezhe e a doncela Fevroniia'').{{Harvnp|Schonberg|1997|p=364}}
 
==== Composicións orquestrais ====
31.840

edicións