Nikolai Rimskii-Korsakov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 143:
Rimskii-Korsakov mantiña a súa mente pechada no referente a música máis aventurada que a de Wagner, especialmente a de [[Richard Strauss]] e máis tarde [[Claude Debussy]]. Chegou a mostrarse anoxado durante días cando escoitou o pianista [[Feliks Blumenfeld]] tocar ''[[Estampes (Debussy)|Estampes]]'', de Debussy, logo do cal escribiu no seu diario: «pobre e mesquiño ata máis non poder; non hai técnica, e moito menos imaxinación».{{Harvnp|Taruskin|1996|p=55}} Isto debíase a un crecente conservadorismo pola súa parte (a súa «conciencia musical», tal e como el mesmo o describiu), baixo o cal agora escrutaba a súa música, así como a doutros.{{Harvnp|Maes|2002|p=180}} As composicións dos seus antigos compatriotas nos Cinco non eran inmunes a isto; en [[1895]], mentres se encontraba traballando na súa primera revisión de ''[[Boris Godunov (ópera)|Boris Godunov]]'', de Musorgskii, díxolle ao seu Copista Vasilii Yastrebtsev: «É incrible que algunha vez me tivera podido gustar esta música e aínda así parece que houbo un tempo en que o fixo».{{Harvnp|Taruskin|1996|p=40}} En [[1901]] escribiría sobre estar crecentemente «indignado con todos os desatinos [de Wagner] para o oído», sobre a mesma música que acaparara a súa atención en 1889.{{Harvnp|Maes|2002|p=181}}
 
En [[1892]] Rimskii-Korsakov padeceu unha segunda seca creativa,{{Harvnp|Maes|2002|p=171}} debido a unha enfermidade psicosomática. Subíaselle o sangue á cabeza, tiña perdas de memoria, confusións e desagradables obsesións,{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:31}} que o levaron ao diagnóstico médico de [[neurastenia]].{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:31}} As crises dentro do círculo familiar de Rimskii-Korsakov poderían ter sido o factor causante: as graves enfermidades da súa muller e un dos seus fillos debido á [[difteria]] en [[1890]], as mortes da súa nai e fillo de menor idade, así como o comezo dunha prolongada e finalmente fatal enfermidade do seu segundo fillo máis novo.{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:31}} Deixou os seus postos tanto nos Concertos Sinfónicos Rusos como na [[Capela da Corte de San Petersburgo]]{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:31}} e pensou en deixar de compoñer para sempre.{{Harvnp|Maes|2002|p=171}} Logo de realizar a terceira versión do cadro musical ''[[Sadko (óperacadro musical)|Sadko]]'' e a ópera ''[[Pskovitiaanka]]'', deu por pechada a súa conta musical co pasado, ningunha das súas obras previas a ''[[Maiskaia noch]]'' conservaba a súa edición orixinal.{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:30}}
 
Outro falecemento, o de Chaikovskii, foi con todo a causa que o levou a compoñer de novo,{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:31}} posto que esta defunción presentouse como unha dobre oportunidade: por unha banda comporía para os Teatros Imperiais e ademais unha ópera baseada na historia curta de [[Nikolai Gogol]] titulada ''[[Noch pered Rozhdestvom (ópera)|Noch pered Rozhdestvom]]'' (traducible como ''A noite de Nadal''), unha obra na que Chaikovskii tamén se inspirara para compoñer a su ópera ''[[Kuznets Vakula]]'' (traducible como ''Vakula o ferreiro''). O éxito da ópera ''Noch pered Rozhdestvom'' animouno a completar unha ópera cada 18 meses de media entre 1893 e 1908, cun total de once ao longo deste período.{{Harvnp|Maes|2002|p=171}} Tamén comezou outro borrador sobre o seu tratado de orquestración que finalmente abandonou,{{Harvnp|Leonard|1957|p=149}} mais fixo un terceiro intento e deixouno case acabado nos seus últimos catro anos de vida (completaríao o seu xenro [[Maksimilian Steinberg]] en [[1912]]).{{Harvnp|Leonard|1957|p=149}} O tratamento científico e académico da orquestración que fai Rimskii-Korsakov, ilustrado con máis de 300 exemplos da súa propia obra, converteuse en referencia para os textos da súa categoría.{{Harvnp|Leonard|1957|p=149}}