Diferenzas entre revisións de «Nikolai Rimskii-Korsakov»

{{Cita centrada|Un alumno coma min tiña que presentar a Balakirev unha resposta de composición en forma embrionaria, isto é, aínda que foran tan só os primeiros catro ou oito compases. Balakirev adicábase a facer correccións, indicando como refacer dito embrión: examinábao de arriba a abaixo, alabando e ensalzando os primeiros compases, mais censuraba os seguintes dous, ridiculizábaos e facía todo o posible para que o autor se sentira a desgusto con eles. Que a composición fora viva e fértil non sempre era un factor a favor, requiría frecuentes correccións e a tarefa de compoñer alongábase durante un longo período de tempo baixo o frío control da autocrítica.}}
 
Rimskii-Korsakov lembra que «Balakirev e mais eu levábamonos bastante ben e sen problemas. A instancias del accedín de bo grao a reescribir os movementos sinfónicos que compuxen e logrei rematalos coa axuda dos seus consellos e improvisacións».{{Harvnp|Rimsky-Korsakov|1942|p=30}} Aínda que posteriormente a influencia de Balakirev chegoulle a resultar agobiante e desligouse del,{{Harvnp|Maes|2002|p=44}} isto non impediu que nas súas memorias recoñecera e alabara o talento do seu mentor como crítico e improvisador.{{Harvnp|Rimsky-Korsakov|1942|p=29}} Baixo a guía de Balakirev, Rimskii-Korsakov mudou o seu enfoque cara a outro tipo de composicións. Comezou unha sinfonía en ''si'' menor, mais resultou ser demasiado parecida á [[Sinfonía n.º 9 (Beethoven)|''Novena Sinfonía'']] de [[Ludwig van Beethoven|Beethoven]] e abandonouna. Completou unha ''[[Abertura sobre tres temas rusos]]'' baseándose nas aberturas sobre temas populares de Balakirev, así como unha ''[[Fantasía sobre temas serbios]]'', obras que se estrearon nun concerto na honra dos delegados do Congreso Eslavo de 1867.{{Harvnp|Frolova-Walker|2001|p=21:400}} No seu artigo sobre o concerto, o crítico nacionalista [[Vladimir Stasov]] acuñaría a frase ''Mogúchaya kuchka'' para o círculo de Balakirev (''Mogúchaya kuchka'' adóitase traducir como «O Gran Puñado» ou «Os Cinco»).{{Harvnp|Frolova-Walker|2001|p=21:400}} Rimskii-Korsakov tamén compuxo as versións primixenias (serían posteriormente revisadas) de ''[[Sadko (óperacadro musical)|Sadko]]'' e ''[[Antar (Rimskii-Korsakov)|Antar]]'', que cimentaron a súa reputación como compositor de obras orquestrais.{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:28}}
 
Rimskii-Korsakov relacionábase e discutía sobre música con outros membros dos Cinco; criticaban as pezas de cada un deles e colaboraban na creación de novas obras.{{Harvnp|Frolova-Walker|2001|p=21:400}} Fíxose amigo de [[Aleksandr Borodin]] —cuxa música lle «fascinaba»—,{{Harvnp|Rimsky-Korsakov|1942|p=57}} e cada vez pasaba máis tempo con Musorgskii.{{Harvnp|Frolova-Walker|2001|p=21:400}} Balakirev e este último tocaban música para piano a catro mans, Musorgskii ás veces cantaba e continuamente opinaban sobre a música doutros compositores, sendo os seus gustos favoritos «próximos a Glinka, Schumann e os últimos cuartetos de corda de Beethoven».{{Harvnp|Rimsky-Korsakov|1942|p=21}} [[Felix Mendelssohn]] non era considerado de categoría elevada, [[Wolfgang Amadeus Mozart]] e [[Joseph Haydn]] «estaban pasados de moda e compuñan unha música inxenua», e [[Johann Sebastian Bach]] era pura matemática carente de sentimentos.{{Harvnp|Rimsky-Korsakov|1942|p=21}} Berlioz «era moi apreciado», [[Franz Liszt|Liszt]] era «un minusválido pervertido dende un punto de vista musical [...] unha burda caricatura» e apenas se falaba de [[Richard Wagner|Wagner]].{{Harvnp|Rimsky-Korsakov|1942|p=21}} Rimskii-Korsakov «escoitaba estas opinións con avidez e absorbía os gustos de Balakirev, Cui e Musorgskii sen cuestionalos nin poñelos en dúbida». Frecuentemente, as obras musicais discutidas «eran tocadas ante min, mais só algúns fragmentos e non podía formarme unha opinión en profundidade». Isto, escribe, non lle impediu aceptar estes xuízos ao pé da letra e repetilos «como se estivera profundamente convencido da súa verdade».{{Harvnp|Rimsky-Korsakov|1942|p=21}}
31.797

edicións