Nikolai Rimskii-Korsakov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Viascos (conversa | contribucións)
Viascos (conversa | contribucións)
m →‎Últimos anos: erro menor
Liña 155:
=== Últimos anos ===
[[Ficheiro:Rimsky-Korsakov Grave.jpg|miniatura|A tumba de Rimskii-Korsakov no [[Cemiterio Tikhvin]], en [[San Petersburgo]].]]
En abril de [[1907]], Rimskii-Korsakov dirixiu un par de concertos en [[París]] organizados polo empresario [[Sergei Diagilev]], onde se puña de relevo a música da escola nacionalista rusa. Ditos concertos tiveron un grande éxito á hora de popularizar a música clásica rusa deste xénero en Europa, particularmente a de Rimskii-Korsakov.{{Harvnp|Frolova-Walker|2001|p=21:406}} O ano seguinte, a súa ópera ''Sadko'' foi posta en escena na [[Ópera de París]] e ''[[Snegurochka-Vesenniaia skazka]]'' (traducible como ''A doncela de neve'') na ''[[Opéra-Comique]]''.{{Harvnp|Frolova-Walker|2001|p=21:406}} Tamén tivo a oportunidade de escoitar as últimas estreas de compositores europeos; asubiou sen reparo ao escoitar a ópera de [[Richard Strauss]] ''[[Salome (Strauss)|Salome]]'' e díxolle a Diagilev logo de escoitar a ópera ''[[Pelléas et Mélisande (ópera)|Pelléas et Mélisande]]'' de [[Claude Debussy]]: «non me fagas escoitar todos estes horrores ou acabarán gustándome!»{{Harvnp|Frolova-Walker|2001|p=21:406}} O feito de escoitar ditas obras permitiulle comprender o seu lugar dentro da música clásica. Admitiu ser «un kuchkista convencido» —en alusión ao termo ''kuchka'' (puñado), un xeito en ruso de referirse aos Cinco— e que as súas obras pertencían a unha era cuxas tendencias musicais xa quedaran atrás.{{Harvnp|Frolova-Walker|2001|p=21:406}}
 
Dende principios de 1890, Rimskii-Korsakov viña padecendo [[anxina de peito]].{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:31}} Este mal inicialmente íao desgastando lentamente, mais o estrés que lle ocasionaron os sucesos que tiveron lugar na Revolución de 1905 e as súas secuelas aceleraron o proceso, chegando en decembro de [[1907]] a ser a enfermidade de tal gravidade que xa non podía traballar.{{Harvnp|Rimsky-Korsakov|1942|p=Prefacio xxiii}} Faleceu en [[1908]] na súa propiedade de [[Lubensk]], preto de [[Luga]] (hoxe en día [[Raion de Pliusskii|Pliusskii]], distrito do [[Óblast de Pskov]]), a uns 200 km ao sur de [[San Petersburgo]], e foi enterrado no [[Cemiterio Tikhvin]] no [[Mosteiro de Alexander Nevski]] de San Petersburgo, preto das tumbas de Borodin, Glinka, Musorgskii e Stasov.{{Harvnp|Frolova-Walker|2001|p=21:406}}