Nikolai Rimskii-Korsakov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Viascos (conversa | contribucións)
Viascos (conversa | contribucións)
Liña 123:
{{VT|Círculo Beliaev}}
[[Ficheiro:Belyayev by Repin.jpg|miniatura|[[Mitrofan Beliaev|M. P. Beliaev]], retratado polo pintor [[Ilia Repin]], foi un influente mecenas ruso que apoiou economicamente a artistas nacionalistas. Secundou a idea de Rimskii-Korsakov de dar concertos de composicións rusas.]]
Rimskii-Korsakov escribe que trabou relacións co mecenas musical en cernes [[Mitrofan Beliaev]] en [[Moscova]] en [[1882]].{{Harvnp|Rimsky-Korsakov|1942|p=261}} Beliaev pertencía a un crecente círculo de empresarios novos ricos rusos que chegaron a ser mecenas das artes a mediados e finais do [[século XIX]] en Rusia, entre os que se contan o magnate dos ferrocarrís [[Savva Mamontov]] e o fabricante téxtil [[Pavel Tretiakov]].{{Harvnp|Figes|2002|p=195–197}}{{Harvnp|Maes|2002|p=173–174, 196–197}} Beliaev, Mamontov e Tretiakov «querían contribuír notablemente na vida pública».{{Harvnp|Taruskin|2009|p=49}} Os terstres labraran o seu camiño ata lograr a fortuna e ao ser «[[Eslavofilia|eslavófilos]]» no seu perfil cultural crían na gran gloria de Rusia.{{Harvnp|Taruskin|1996|p=42}} Debido a esta crenza, estaban máis predispostos que a aristocracia a apoiar o talento autóctono e máis inclinados a apoiar a artistas nacionalistas por riba dos máis cosmopolitas.{{Harvnp|Taruskin|1996|p=42}} Esta preferencia era paralela ao rexurdimento xeral do nacionalismo e a «rusofilia», que era a corrente máis estendida na arte e a sociedade rusa.{{Harvnp|Taruskin|1996|p=44}}
 
Contra o inverno de [[1883]], Rimskii-Korsakov era asiduo aos «cuartetos dos venres» (''Les Vendredis'') que tiñan lugar na casa de Beliaev en San Petersburgo cada semana.{{Harvnp|Rimsky-Korsakov|1942|p=269}} Beliaev, que mostrara un grande interese polo futuro musical do mozo [[Aleksandr Glazunov]], alugou unha sala e unha orquestra en [[1884]] para estrear a ''Primeira Sinfonía'' ([[1881]]) de Glazunov, así como unha suite orquestral que dito compositor acababa de compoñer. Este concerto e os ensaios do ano anterior fixeron que Rimskii-Korsakov tivera a idea de ofrecer concertos nos que as composicións rusas foran as protagonistas, perspectiva que a Beliaev parecíalle excelente. Os [[Concertos Sinfónicos Rusos]] inauguráronse durante a tempada [[1886]]-[[1887|87]], sendo Rimskii-Korsakov codirector xunto con Anatoli Liadov.{{Harvnp|Abraham|1980|p=16:29–30}}{{Harvnp|Zetlin|1959, 1975|p=313}} Logrou dar por concluída a revisión de ''[[Unha noite no Monte Pelado]]'' de Musorgskii e dirixiuna no concerto inaugural.{{Harvnp|Rimsky-Korsakov|1942|p=281}} Estes concertos sacárono da súa seca creativa, para eles compuxo ex profeso as súas obras máis destacadas: ''[[Scheherezade (Rimskii-Korsakov)|Scheherezade]]'', o ''[[Capricho español]]'' e a ''[[Svetlyi prazdnik|Abertura da gran Pascua rusa]]''.{{Harvnp|Maes|2002|p=171}} Fai referencia nas súas memorias a que estas obras «amosan un considerable desuso de recursos contrapuntísticos [...] [substituídos] por un desenvolvemento poderoso e virtuosístico de calquera tipo de figuración, sostendo o interese técnico das miñas composicións».{{Harvnp|Rimsky-Korsakov|1942|p=296}}