Galego-portugués: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Sen resumo de edición
Liña 31:
{{legend|#32CD32|Idioma portugués}}
]]
O '''galego-portugués''' (tamén chamado '''galego medieval''' o '''galaico-portugués''') é a [[lingua]] medieval que se falou no noroeste da [[Península Ibérica]] que deu lugar ó [[Lingua galega|galego]] e [[Lingua portuguesa|portugués]] actuais. Procedía do [[latín]] falado na [[Gallaecia]]<ref>[[Ramón Mariño Paz]]. ''Historia da lingua galega''. Sotelo Blanco, 1998, páxina 104.</ref> e foi introducido polos colonizadores romanos. É polo tanto unha [[lingua romance]]. Tivo especial relevancia cultural durante varios séculos, e disto dan fe os textos medievais conservados nesta lingua.
 
A lingua considérase formada no século VIII, principalmente coma desenvolvemento do latín vulgar falado polos conquistadores romanos a partir do século II d. C.{{Cómpre referencia}}
Liña 37:
O documento da lírica galego-portuguesa máis antigo parece ser a cantiga satírica "Ora faz ost'o senhor de Navarra" de [[Johan Soarez de Pávia]], datado en [[1196]] por algúns expertos. As recompilacións [[lírica]]s [[medieval|medievais]] galego-portuguesas máis importantes que se conservan hoxe son o [[Cancioneiro da Ajuda]], o [[Cancioneiro da Vaticana]], o [[Cancioneiro da Biblioteca Nacional|Cancioneiro Colocci-Brancutti]] e as [[Cantigas de Santa María]].
 
O rei [[Afonso X]] o Sabio, de [[Coroa de Castela|Castela]], coordinou as ''[[Cantigas de Santa María]]'' en galego-portugués medieval, que daquela era a lingua por excelencia para a lírica nos reinos de Galicia, León e Castela (estando o reino de Aragón na zona de influencia da [[literatura occitana]]). Tamén compuxo algunhas cantigas de amor, mais ningunha de amigo.
 
Algúns poetas salientábeis incline [[Bernal de Bonaval]], [[Airas Nunez]], [[Pero da Ponte]], [[Pedro Amigo de Sevilha|Pero Amigo]], [[Xohán de Cangas]], e [[Martín Codax]].