Valle de Cuelgamuros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{coord|40|38|29|N|04|09|26|W|display=title}}
[[Ficheiro:SPA-2014-San Lorenzo de El Escorial-Valley of the Fallen (Valle de los Caídos).jpg|miniatura|300px|Vista do monumento dende a chaira central]]
O '''Valle de los Caídos''' (''Val dos Caídos'' en [[Lingua galega|galego]]) é un monumento funerario situado na [[serra de Guadarrama]], no municipio de [[San Lorenzo de El Escorial]], na [[Comunidade de Madrid]]. Foi construído por prisioneiros republicanos da [[guerra civil española]] entre os anos [[1940]] e [[1958]]. Nel están enterrados uns 40.000 combatentes dos dous bandos da guerra civil (a partir da década dos 50, xa que anteriormente só eran enterrados os afíns ao réxime franquista), moitos deles trasladados dende outros puntos de [[España]], onde tiveron lugar as batallas máis importantes da guerra. Tamén se atopan os restos mortais do falanxista [[José Antonio Primo de Rivera]]. Na basílica de Santa Cruz estivo sepultado o ditador [[Francisco Franco]], trasladado ó cemiterio do Pardo na capital madrileña o 24 de outubro de 2019<ref>{{Cita novas|título=La exhumación de Franco, en directo {{!}} Los restos del dictador salen del Valle de los Caídos hacia Mingorrubio|url=https://elpais.com/politica/2019/10/24/actualidad/1571868143_551197.html|xornal=El País|data=2019-10-24|data-acceso=2019-10-24|issn=1134-6582|lingua=es|nome=El|apelidos=País}}</ref>.
 
O complexo consta dunha [[abadía]] [[Beneditino|beneditina]], unha basílica de 262 metros de lonxitude escavada na roca, varias construcións monolíticas e por enriba de todo unha cruz cristiá de máis de 150 metros de altura.
Liña 8:
Aínda que o monumento foi concibido teoricamente para honrar os mortos tanto franquistas como republicanos, en realidade ten unha clara apoloxía [[Franquismo|franquista]]. O monumento ten a inscrición ''Caídos por Dios y por España'' (Caídos por Deus e por España) e abondosa simboloxía do réxime. A súa construción foi anunciada por [[Francisco Franco]] o día [[1 de abril]] de [[1939]], o mesmo no que acabou a Guerra.
 
A orixe dos enterrados no Valle de los Caídos é incertoincerta. Aínda que existen arquivos con aproximadamente a metade dos defuntos, descoñécese a identidade dos outros. Foron recollidos de moitos campos de batalla como os de [[Batalla de Brunete|Brunete]], Grado, Gandesa, [[Batalla de Teruel|Teruel]] e a [[Batalla do Ebro]], entre moitos outros.
 
Para a súa construción utilizáronse presos políticos, aos que prometeron unha redención de pena a cambio de traballo e un pequeno salario. Non obstante, moitos deles morreron na súa construción debido á falta de medios técnicos e á pouca seguridade.