Igrexa de Follingbo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 31:
As partes máis antigas da igrexa de Follingbo son a [[Nave (arquitectura)|nave]] e a [[Torre (construción)|torre]]. Estas datan de ao redor do ano [[1200]] e xuntas forman un pouco común conxunto moi logrado de arquitectura románica en [[Gotland]]. Aínda que carecen de esculturas ornamentais, a torre e a nave están ben proporcionadas e e están executadas dun xeito moi profesional. O [[coro (arquitectura)|coro]] é posterior, de finais do [[século XIII]], e de estilo gótico tamén pouco común para o seu tipo. O coro substituíu a outro anterior románico cunha [[ábsida]]. Porén, o presente ten un muro oriental recto, adornado cunha única fiestra de [[trazaría]] na cal se se conservan algúns paneis de vidrieiras medievais.<ref name="Gotlands kyrkor">{{cita libro|apelidos=Lagerlöf|nome=Erland|título=Gotlands kyrkor|ano=1973|editor=Rabén & Sjögren|localización=Uddevalla|isbn=9129410355|páxinas=140-142|editor=Rabén & Sjögren}}</ref> A [[sancristía]] foi construída entre os ano [[1820]] e [[1821]].<ref>{{cita web|título=Follingbo kyrka|url=https://www.gotland.se/79166|editor=Region Gotland|dataacceso=16 de abril de 2018}}</ref>
 
No seu interior a igrexa ten un teito pintado, decorado a finais do [[século XVII]]. A meirande parte do seu mobiliario é tamén dos séculos XVII e XVIII. Unha excepción é a páispía bautismal, que é medieval.<ref name="Gotlands kyrkor" />
 
A igrexa foi restaurada entre os ano [[1955]] e [[1956]].<ref name="Gotlands kyrkor" />