Diferenzas entre revisións de «Festival de Eurovisión 2015»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
(Recuperando 13 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
Logo comezou a actuación dos 25 países finalistas ante os máis de 15.000 espectadores reunidos no [[Wiener Stadthalle]]. Unha vez finalizadas, comezaron as votacións, que se mostraron moi cerradas entre tres países: [[Suecia]], [[Italia]] e [[Rusia]]. Este último encabezou a táboa de votacións durante case todo o tempo e pouco antes de culminar as votacións, [[Suecia]] logra pasalo e despuntarse case ao final. Finalmente, sería o cantante sueco [[Måns Zelmerlöw|Mans Zelmerlöw]] quen se coronaría gañador da 60ª edición do Festival coa súa canción ''[[Heroes (canción de Måns Zelmerlöw)|Heroes]]''. O tema sueco, que obtivo 365 puntos, permitiu que o estado escandinavo obtivese a súa sexta vitoria no festival (as outras foron en [[eurovision 1974|1974]] con [[ABBA]], [[eurovision 1984|1984]] con [[Herreys]], [[eurovision 1991|1991]] con [[Carola]], [[eurovision 1999|1999]] con [[Charlotte Perrelli]] e [[Festival de Eurovisión 2012|2012]] con [[Loreen]]), sendo votado por todos os países sen excepción e conseguindo 12 máximas puntuacións. [[Rusia]], con [[Polina Gagarina]] e ''[[A million voices]]'', quedou en segunda posición con 303 puntos, sendo a cuarta vez que este país logra o segundo posto ([[eurovision 2000|2000]], [[eurovision 2006|2006]] e [[Festival de Eurovisión 2012|2012]]), así como consegue bater o récord de puntos que ata agora tiña o único gañador ruso, [[Dima Bilan]], que obtivo 272 puntos en [[Eurovisión 2008]]. O podio foi completado por [[Italia]], co famoso grupo pop/lírico [[Il Volo]] e a súa canción ''[[Grande Amore]]'', que conseguiu 292 puntos (a puntuación máis alta conseguida por [[Italia]] no festival), sendo tamén votado por todos os países e con 9 máximas puntuacións. Por último, o top 5 completárono [[Bélxica]], co cantante [[Loïc Nottet]] e a súa canción ''[[Rhythm inside]]'', e [[Australia]] co célebre e recoñecido cantante [[Guy Sebastian]] e a súa canción ''[[Tonight again]]''.
 
Cabe destacar que [[Letonia]] logrou a súa mellor posición dende [[eurovisión 2005|2005]], [[Montenegro]] o seu mellor resultado (13ª posición) dende o seu debut en [[eurovisión 2008|2008]] e [[Bélxica]] o seu mellor resultado despois de doce anos. Por outro lado, os cero puntos de [[Alemaña]] e [[Austria]] resultaron históricos. Dende que se instauraron as semifinais só un páispaís obtivera cero puntos na votación da final, honor que recaía en [[Reino Unido]] na edición de [[eurovisión 2003|2003]], e dende que está vixente o actual sistema de votación só en dúas ocasión houbo un empate de dous países clasificados en último lugar con cero votos. En [[eurovisión 1997|1997]] ([[Noruega]] e [[Portugal]]) e en [[eurovisión 1983|1983]] ([[España]] e [[Turquía]]). Ademais, [[Austria]] é o segundo país na historia que queda último sendo anfitrión, honor que obstentaba os [[Países Baixos]] quedando último no seu [[EUrovisión 1958|Festival de 1958]] cun punto, polo que o país alpino pasa así de ser primeiro e gañador en [[Festival de Eurovisión 2014|Eurovisión 2014]] a obter cero punto no 2015.
 
Finalmente, todos os membros do Big 5, a excepción de [[Italia]], quedaron dentro dos peores clasificados: [[España]] no posto 21º, [[Reino Unido]] no 24º, [[Francia]] no 25º e [[Alemaña]] no 27º. Dos 40 países participantes no concurso, a maioría votou utilizando o sistema combinado de votación. Porén, [[San Marino no Festival de Eurovisión|San Marino]] entregou unicamente a votación do seu xurado debido ao baixo número de votos populares recibidos. Un caso particular viviu a votación en [[República de Macedonia|Macedonia]] e [[Montenegro]], xa que o xurado foi descalifixado e só foi contabilizado o televoto, por presuntamente ter infrinxido as normas do festival.
7.541

edicións