Andrew Wiles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Jglamela (conversa | contribucións)
Retiro en uso
Liña 1:
{{en uso}}
{{biografía}}
'''Sir Andrew John Wiles''', nado en [[Cambridge]] o [[11 de abril]] de [[1953]],<ref name="whoswho"/> é un [[matemático]] [[Inglaterra|inglés]] e profesor de investigación da [[Royal Society]] na [[Universidade de Oxford]], especializado en [[teoría de números]]. É coñecido por demostrar o [[Último Teorema de Fermat]], polo que foi galardoado co [[Premio Abel]] en 2016<ref name = "Abel">{{Cita web|url=http://www.abelprisen.no/c67110/binfil/download.php?tid=67059 |title=The Norwegian Academy of Science and Letters has decided to award the Abel Prize for 2016 to Sir Andrew J. Wiles|website=Abelprisen.no|access-date=23 de agosto de 2018}}</ref> e coa [[medalla Copley]] en 2017.<ref name ="Copley">{{Cita web|url=https://royalsociety.org/news/2017/05/mathematician-andrew-wiles-wins-royal-society-copley-medal | title=Mathematician Sir Andrew Wiles FRS wins the Royal Society's prestigious Copley Medal|website=The Royal Society|access-date=27 de maio de 2017}}</ref> Foi nomeado Cabaleiro Comandante da [[Orde do Imperio Británico]] en 2000 e en 2018 foi o primeiro profesor de [[matemáticas]] nomeado [[Regius Professor]] en Oxford.<ref name="RProf">{{cita web |url=http://www.ox.ac.uk/news/2018-05-31-sir-andrew-wiles-appointed-first-regius-professor-mathematics-oxford |title=Sir Andrew Wiles appointed first Regius Professor of Mathematics at Oxford |work=News & Events |publisher=[[Universidade de Oxford]] |date=2018-05-31 |access-date=2018-06-01 }}</ref> Wiles recibiu tamén unha [[bolsas MacArthur|bolsa MacArthur]] en 1997.
Liña 10 ⟶ 9:
 
=== Carreira e investigación ===
Wiles obtivo o título de ''bachelor'' en [[matemáticas]] en 1974<ref name="whoswho"/> no [[Merton College]] de [[Universidade de Oxford|Oxford]] e doutorouse en 1980 como estudante de posgrao no [[Clare College]] de [[Universidade de Cambridge|Cambridge]].<ref name=wphd>{{cita tese|tipo=PhD|institución=Universidade de Cambridge|título=Reciprocity laws and the conjecture of birch and swinnerton-dyer|nome= Andrew John|apelidos=Wiles|data=1978|url=http://ulmss-newton.lib.cam.ac.uk/vwebv/holdingsInfo?bibId=15254|id={{EThOS|uk.bl.ethos.477263}}|website=lib.cam.ac.uk|oclc=500589130}}</ref> Tras unha estadía no [[Institute for Advanced Study]] en Princeton, Nova Jersey, en 1981, Wiles converteuse en profesor de matemáticas na [[Universidade de Princeton]]. En 1985-86, Wiles foi [[Guggenheim Fellow]] no [[Institut des Hautes Études Scientifiques]] preto de [[París]] e na [[École Normale Supérieure]]. De 1988 a 1990, Wiles foi profesor de investigación da [[Royal Society]] na Universidade de Oxford e logo regresou a Princeton. De 1994 a 2009, Wiles foi profesor Eugene Higgins en Princeton. Reincorporouse a Oxford en 2011 como profesor de investigación da Royal Society.<ref name=andrew>{{cita web|first1=John J.|last1=O'Connor|first2=Edmund F.|last2=Robertson|title=Wiles Biography|url=http://www-groups.dcs.st-and.ac.uk/~history/Biographies/Wiles.html|publisher=[[MacTutor History of Mathematics archive]]|date=setembro de 2009|access-date=16 de marzo de 2016}}</ref> En maio de 2018 foi nomeado Regius Professor de matemáticas en Oxford, o primeiro na historia da universidade.<ref name="RProf"/>
 
A investigación de posgrao de Wiles foi guiada por [[John H. Coates|John Coates]] a partir do verán de 1975. Xuntos traballaron na aritmética das [[curvas elípticas]] con [[multiplicación complexa]] polos métodos da [[teoría de Iwasawa]]. Tamén traballou con [[Barry Mazur]] na principal conxectura da teoría de Iwasawa sobre os números racionais e pouco despois xeneralizou este resultado a campos totalmente reais.<ref name=nas>{{cita web|title=Andrew Wiles|url=http://www.nasonline.org/member-directory/members/3001745.html|publisher=[[National Academy of Sciences]]|access-date=16 de marzo de 2016}}</ref>
 
=== Demostración do Último Teorema de Fermat ===
Liña 24 ⟶ 23:
{{cita|Deu unha conferencia ao día luns, martes e mércores co título "Modular Forms, Elliptic Curves and Galois Representations" ("Formas modulares, curvas elípticas e representacións de Galois"). [...] Finalmente, ao final da súa terceira charla, o doutor Wiles concluíu que demostrara un caso xeral da conxectura de Taniyama. Entón, aparentemente como un pensamento posterior, observou que iso significaba que o último teorema de Fermat era certo. Q.E.D.<ref name=nyt>{{cita novas|last=Kolata|first=Gina|title=At Last, Shout of 'Eureka!' In Age-Old Math Mystery|url=https://www.nytimes.com/1993/06/24/us/at-last-shout-of-eureka-in-age-old-math-mystery.html|access-date=21 de xaneiro de 2013|newspaper=[[The New York Times]]|date=24 de xuño de 1993}}</ref>}}
 
En agosto de 1993 descubriuse que a proba contiña un defecto nunha área. Wiles intentou e fallou durante máis dun ano reparar a súa demostración. Segundo Wiles, a idea crucial de burlar, en lugar de pechar, esta área chegou o 19 de setembro de 1994, cando estaba a piques de desistir. Xunto co seu antigo alumno [[Richard Taylor (matemático)|Richard Taylor]], publicou un segundo traballo que eludía o problema e completaba así a demostración. Ambos os artigos foron publicados en maio de 1995 nun número de ''[[Annals of Mathematics]]''.<ref>{{cita publicación periódica|last=Wiles|first=Andrew|date=Maymaio de 1995|title=Issue 3|jstor=i310703|journal=Annals of Mathematics|volume=141|pages=1–551}}</ref><ref>{{cita web|title=Are mathematicians finally satisfied with Andrew Wiles's proof of Fermat's Last Theorem? Why has this theorem been so difficult to prove?|url=http://www.scientificamerican.com/article/are-mathematicians-finall/|work=Scientific American|access-date=16 de marzo de 2016|date=21 de outubro de 1999}}</ref>
 
== Notas ==
Liña 45 ⟶ 44:
[[Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford]]
[[Categoría:Profesores da Universidade de Oxford]]
[[Categoría:Profesores da Universidade de Princeton]]
[[Categoría:Premio Abel]]
[[Categoría:Medalla Copley]]