Óso de Ishango: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Artigo bo}}
[[Ficheiro:Os_d'Ishango_IRSNB.JPG|miniatura|405x405px|Imaxe óso de Ishango exposto no Real Instituto Belga de Ciencias Naturais.]]
O '''óso de Ishango''' é un utensilio de [[óso]] que data do [[Paleolítico superior]], aproximadamente do ano 20&nbsp;000&nbsp;a.&nbsp;n.e. Este obxecto consiste nun longo óso marrón (máis especificamente, o [[peroné]] dun [[Babuíno|babuino]]) cun pedazo punzante de [[cuarzo]] incrustado nun dos seus extremos, quizais utilizado para gravar ou escribir.<ref>{{Cita web|url=http://www.maths.uwa.edu.au/~schultz/3M3/history.html|título=A very brief history of pure mathematics: The Ishango Bone|editorial=Universidad de Australia Occidental|data-acceso=12 de abril de 2008|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080721075947/http://www.maths.uwa.edu.au/~schultz/3M3/history.html|dataarquivo=21 de julio de 2008}}</ref> Nun principio pensábase que se empregaba como pau de cálculo, xa que o óso ten unha serie de muescas talladas divididas en tres columnas que abarcan toda a lonxitude da ferramenta, pero algúns científicos suxeriron que as agrupacións de muescas indican un coñecemento [[Matemáticas|matemático]] que vai máis alá do cálculo. No entanto para algúns autores que non descartan a perspectiva do cálculo primigenio, o óso de Ishango representa a orixe da contabilidade, ou polo menos da racionalidade do cálculo que permitiu a civilización.