Diferenzas entre revisións de «Carlos Arias Navarro»

dato sobre o discurso final
(elimino sintaxe desbotada)
(dato sobre o discurso final)
Funcionario do Ministerio de Xustiza en [[1929]] e avogado fiscal en [[Málaga]] e Madrid, aproximouse ao bando dos sublevados durante a [[guerra civil española]]. Durante a guerra exerceu de fiscal dos nacionais en Málaga, sendo coñecido co alcume de "''El carnicerito de Málaga''", debido á súa responsabilidade en miles de asasinatos "legais". Gobernador civil de [[León, España|León]] ([[1944]]), e posteriormente en [[Tenerife]] e [[Navarra]]. En [[1957]] foi nomeado director xeral de Seguridade, ata que en [[1965]] chegou a alcalde de Madrid, ao tempo que era procurador en Cortes polo terzo de municipios e tamén conselleiro nacional do Movimiento. En xuño de [[1973]] ocupou o posto de ministro de Gobernación.
 
Ao pouco, o asasinato do presidente do goberno, o almirante [[Luis Carrero Blanco|Carrero Blanco]], supuxo o seu nomeamento como o seu sucesor. Pretendeu seguir o que se deu en chamar ''espírito do 12 de febreiro'', tímida apertura do réxime sen perder as súas características fundamentais, pero aínda estas tímidas medidas tiveron o rexeitamento do sector coñecido como o ''búnker'' (os sectores máis conservadores do franquismo). Como presidente do goberno, foi o encargado de anunciar na [[Televisión Española|televisión]] o falecemento de [[Francisco Franco]]<ref>{{Cita web|título="Españoles... Franco ha muerto" - RTVE.es|url=https://www.rtve.es/alacarta/videos/fue-noticia-en-el-archivo-de-rtve/espanoles-franco-muerto/336266/|data=2008-10-10|data-acceso=2021-02-21|lingua=es}}</ref>.
 
Trala morte do ditador, o rei [[Xoán Carlos I]] depositou a súa confianza nel e converteuse no primeiro presidente do goberno da monarquía, pero a súa insistencia en preservar o legado franquista propiciaron o seu cesamento o [[1 de xullo]] de [[1976]]. Ó día seguinte o rei concedeulle o título de marqués de Arias Navarro.