París: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Etimoloxía: término->termo (máis recomendable)
Etiqueta: edición de código 2017
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 60:
A última gran modificación da área de París ocorreu en 1860. Ademais da anexión de arrabaldes periféricos e de darlle a súa forma moderna, nesta modificación creáronse vinte [[Arrondissements de París|distritos municipais]] ([[arrondissement]]s), dispostos en forma de espiral e seguindo o sentido das agullas do reloxo. Dos 78 km² que abarcaba París en 1860, a cidade ampliouse ata os 86,9 km² na década de 1920. En 1929 os parques forestais [[Bois de Boulogne]] e [[Bois de Vincennes]] anexáronse oficialmente á cidade, o que conformou a súa área actual de 105,4 km².
 
A área urbana esténdese moito máis alá dos límites da cidade, con extensións de crecemento urbano ao longo dos ríos Sena e [[MarneRío (río)Marne|Marne]] cara o sueste e leste, así como ao longo do Sena e do [[río Oise|Oise]] ao noroeste e norte. Máis alá dos principais suburbios, a densidade de poboación descende bruscamente: unha mestura de bosques e de zonas agrícolas cunha serie de cidades satélites distribuídas de maneira dispersa e relativamente uniforme. Esta coroa urbana, cando se combina coa aglomeración de París, completa a área urbana de París, que abarca un óvalo 14 518 km², unha área cerca de 138 veces maior que a de París.
 
=== Clima ===