Urina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Weewee.JPG|miniatura|150px|Mostra de ouriños humanos.]]
Nos [[mamíferos]], a '''urina''' ou '''ouriños''', popularmente coñecidoscoñecido como '''mexa''' ou '''mexo''',<ref>{{DRAG|urina}}</ref> é un [[fluído]] [[excreción|excretorio]], resultante da [[filtración]] do [[sangue]] nos [[ril]]es. Nas [[aves]] e nos [[réptiles]] é unha excreción [[sólido|sólida]] ou semi-sólida. Fórmase na filtración, a cal é feita nas [[nefrona]]s. As nefronas conteñen un tubo, chamado túbulo, que está rodeado de [[vaso sanguíneo|vasos sanguíneos]], que absorben os [[nutriente]]s que o [[ser vivo|organismo]] precisa, para despois ir para os [[uréter]]es e de aí para a [[Vexiga urinaria|vexiga]] onde é almacenado e pasado para a [[uretra]] para finalmente ser expelida.
 
A urina [[ser humano|humana]], así como a urina doutros animais, está composta principalmente de [[auga]] (96%, de [[media (matemáticas)|media]]), mais contén tamén [[urea]], [[ácido úrico]], [[cloruro de sodio|sal]] e outras substancias, sendo expelida durante o acto de [[Micción|ouriñar]]. O [[volume (física)|volume]], a [[ácido|acidez]] e a [[concentración]] de sales na urina son regulados por [[hormona]]s, entre as cales figuran a [[hormona antidiurética]] e a [[aldosterona]]. Estas hormonas actúan nos riles para garantir que a auga, os sales e o [[equilibrio ácido-base]] (acidez ou [[base (química)|alcalinidade]] do sangue e do [[fluído intersticial]]) do organismo se manteñan dentro de estreitos límites. A presenza na urina de [[azucre]], [[seroalbumina humana|albumina]], [[bilina|pigmentos biliares]] ou cantidades anormais dalgunhas substancias, incluíndo as constituíntes habituais, é indicador de [[doenza]]s. A urina é normalmente estéril cando é expelida e ten só un vago cheiro. O cheiro desagradábel da urina deteriorada débese á acción de [[bacteria]]s que provocan a liberación de [[amoníaco]].