Game Boy: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
== Características ==
Os controis principais para xogar na Game Boy están situados na metade baixa da súa parte frontal. Conta con catro botóns denominados
"A", "B", "SELECT" e "START", así como cun [[botón direccional]]. As funcións de cada un destes botóns varía dun xogo a outro.<ref name="Ver Manual de usuario">Ver Manual de usuario</ref> No seu lateral dereito dispón dun control dial para o volume e outro no lateral esquerdo para axustar o contraste da pantalla.<ref name="Ver Manual de usuario"/> Na parte superior disponse o botón de apagado-encendido así como a rañura na que se introducen os [[Cartucho (informática)|cartucho]]s cos videoxogos.
 
A Game Boy tamén tiña as seguintes conexión de entrada e saída opcionais. No lateral esquerdo unha conexión para conectar a [[batería recargábel|baterías recargábeis]] ou [[alimentador de enerxía|alimentadores de enerxía]] que podían substituír as [[Pila (electricidade)|pilas]] eléctricas para subministrar [[enerxía]] ao dispositivo, Nintendo distribuía un pack de baterías recargábeis oficial, se ben funcionaba perfectamente con outros modelos non oficiais. A Game Boy require 6[[voltio|V]] [[Corrente continua|DC]] de polo menos 250[[amperio|mA]].<ref name="Nintendo Game Boy (DMG-001)">{{Cita web|url=http://www.vidgame.net/NINTENDO/GB.html|archiveurl=https://web.archive.org/web/20080211181421/http://www.vidgame.net/NINTENDO/GB.html|archivedate=11 de febreiro de 2008|title=Nintendo Game Boy (DMG-001)|work=Vidgame.net|year=2006|accessdate=2006-08-22|urlmorta=yes}}</ref> Finalmente, unha conexión para [[auricular]]es [[estéreo]] de 3.5&nbsp;mm está situada na parte inferior da videoconsola.<ref>Ver Manual de usuario para as diferentes conexións das que dispón a Game Boy.</ref>